O persoal funcionario con máis méritos reclama a toma de posesión inmediata das prazas que lles foron adxudicadas e o respecto a súa carreira profesional
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025. Persoal funcionario de carreira dos corpos especiais da Xunta de Galicia (enxeñería de montes, agrónoma, camiños, industrial, enxeñería técnica forestal, agrícola, de obras públicas, arquitectura, arquitectura técnica, bioloxía e outras escalas técnicas) denuncia que a administración autonómica adxudicou prazas de responsabilidade a persoal de novo ingreso, en detrimento de técnicos/as con décadas de experiencia que participan eno concurso de traslados convocado en marzo de 2024.
Esta práctica, xeneralizada en múltiples escalas técnicas, compromete a calidade técnica de servizos públicos esenciais, incluíndo, entre outros: a xestión de incendios forestais, a planificación territorial, a infraestrutura pública, a xestión dos recursos mariños, a protección dos espazos naturais protexidos e a biodiversidade, a loita fronte ao cambio climático e a avaliación ambiental. Como exemplo, dicir que na provincia de Ourense, tan asolada estes días polos terribles incendios, so existen dous funcionarios de carreira con antigüidade en posesión da súa praza da escala de Enxeñería de Montes e Forestal en postos vinculados á extinción de incendios, o que da idea da precariedade laboral.
Feitos constatados
A última convocatoria de concurso de traslados de corpos especiais foi en 2012, sendo este o terceiro concurso para corpos especiais en toda a historia da Xunta de Galicia.
Durante máis dunha década, a Xunta de Galicia asignou destinos provisionais a persoal novel, incluso antes de que esta designación estivera permitida na Lei de emprego público, onde se incluíu a finais do ano 2021.
Funcionarios con 15–35 anos de servizo seguen bloqueados nos postos de inferior nivel dentro da Administración, mentres prazas de maior responsabilidade se asignan de forma provisional a persoal acabado de incorporarse.
A Xunta asignou destinos provisionais a persoal de novo ingreso en prazas que xa estaban incluídas no concurso de traslados para persoal con hasta 35 anos de antigüidade e máis méritos.
Estas prazas inclúen postos en distritos forestais, servizos de extinción de incendios, direccións técnicas de obra, xefaturas de servizo e subdireccións con competencias técnicas especializadas.
Múltiples escalas técnicas (arquitectura, arquitectura técnica, enxeñería, enxeñería técnica e ciencias) vense afectadas pola mesma problemática de desprezo á experiencia e antigüidade.
Preferencia por persoal novel sobre veteranos
Mentres a Dirección Xeral de Emprego Público atrasa sine die a toma de posesión do persoal con máis méritos, asigna esas mesmas prazas de responsabilidade a persoal que acaba de superar procesos selectivos.
Funcionarios con 15-35 anos de experiencia na xestión de incendios, planificación forestal, dirección de obras ou xestión ambiental ven como se lles nega o acceso a postos para os que están sobradamente cualificados.
Esta política impide la carreira profesional e premia a provisionalidade sobre a excelencia técnica.
Situación xudicial crítica
O TSXG xa anulou varias adxudicacións provisionais (Sentencia 00498/2024) e ten adoptado medidas cautelares para evitar a toma de posesión das prazas que persoal experto obtivo por provisión, polo feito de que a Dirección Xeral de Emprego Público se saltara os procedementos legais e isto implica que os que paguen as consecuencias sexan os seus profesionais e por suposto os servizos públicos.
Existen máis de 50 recursos contenciosos interpostos por persoal de diversas escalas técnicas.
A Xunta insiste nunha estratexia que xera inseguridade xurídica e duplicidade de adxudicacións.
Declaración do voceiro da Plataforma Técnic@s da Xunta en loita, na que se agrupou o persoal funcionario dos corpos especiais da Xunta de Galicia afectados pola actuación irresponsable e ilegal da Dirección Xeral de Emprego Público:
“Non é so un problema forestal: é un problema sistémico. A Xunta está preferindo persoal sen experiencia sobre técnicos e técnicas que levamos décadas resolvendo problemas complexos en Galicia. Isto afecta á calidade da arquitectura, ás infraestruturas, ó medio ambiente e por suposto, á xestión de incendios”- Voceiro do colectivo de funcionarios dos corpos especiais daa Xunta de Galicia afectados pola actuación irresponsable e ilegal da Dirección Xeral de Función Pública
Demandas conxuntas
1. Toma de posesión inmediata do persoal que obtivo praza no concurso de méritos de tódalas escalas técnicas nas prazas adxudicadas pola resolución de 9 de xullo de 2025 do concurso de traslados.
2. Respecto á carreira profesional e á antigüidade e na asignación de destinos de responsabilidade técnica.
3. Recoñecemento da experiencia específica fronte a mera superación de procesos selectivos recentes.
4. Garantía de acceso a tódalas prazas adxudicadas no concurso. O progreso dun país se asenta na excelencia dos seus profesionais.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



