Nota de Prensa
Os nacionalistas consideran que se lle pretende transferir os custes da crise aos máis desfavorecidos.
O BNG presenta mocións en todos os Concellos contra o paquete de medidas económicas do Goberno.
O Bloque Nacionalista Galego vai presentar mocións nos conxuntos dos Concellos da Mariña na que solicita que os Plenos da Corporación expresen o seu rexeitamento ao paquete de medidas económicas que o Presidente do Goberno presentou no Congreso dos Deputados o 13 de Maio do 2010.
Segundo se recolle na moción dos nacionalistas as medidas que en materia de política económica fixo públicas o Presidente Zapatero co que se pretende reducir o déficit público, e que se concretan entre outros aspectos na conxelación das pensións contributivas para 2011, na reducción do salario dos funcionarios nun 5%, na negativa a que se cobre retroactivamente as axudas establecidas na Lei da Dependencia e na supresión do cheque bebe, na perspectiva de que significa diminuír o poder adquisitivo da clase traballadora e polo tanto reducir o seu poder de compra vai dificultar un aumento do consumo e da demanda interna que son fundamentais para saír da crise.
O Vice – responsábel Comarcal Nacionalista, Xoán Antón Estúa, denunciou que a reducción salarial aos funcionarios a partir de Xullo de 2010, coincidindo coa entrada en vigor da suba do IVE, é unha medida demagóxica, na liña de que non todos os traballadores da función pública teñen o mesmo salario, non pasando moitos deles dos 700 euros e non superando o 53% deles os 1000 euros mensuais, pero tamén agocha unha intencionalidade nefasta para o conxunto da sociedade pois significa avanzar na privatización dos servizos públicos. Na mesma liña o Portavoz nacionalista denunciou que a decisión de conxelar en 2011 as pensións contributivas resulta particularmente gravosa posto que na nosa Comarca son moitos os pensionistas pola pirámide demográfica que temos, que da unha poboación moi avenlletada e polo feito de que as pensións galegas xa se sitúan a cola do Estado. Nesta liña hai que lembrar que son precisamente os pensionistas os que se sitúan na cabeza dos índices de pobreza en Galiza, na medida que boa parte dos nosos xubilados cotizaron no réxime especial agrario polo que as súas pensión son baixas.
Os nacionalistas mostráronse críticos tamén coa supresión das políticas de apoio a natalidade, con independencia de que na súa formulación actual non se atendese a criterios de progresividade e de renda, supón un absoluta iresponsabilidade se atendemos aos problemas demográficos que vimos de referir e da necesidade de impulsar a anovación xeracional, idea compartida polo Goberno do estado e da Xunta de Galiza. Asemade fixeron fincapé na supresión da reotractividade no pago das axudas a dependencia o que significa a alteración mesmo da normativa pola que se implementa esta lei así como as modificacións que se pretenden introducir no sistema de pensións que van afectar de xeito particular a viuvedade así como ao calculo das cotizacións para os traballadores que pretendan acollerse ás xubilacións antes da idade dos 65 anos, na mesma dirección dalgún aspecto do xa exposto anteriormente polo Goberno do Estado.
O Bloque nacionalista Galego considera que todo este paquete de medidas económicas, responden a lóxica neoliberal de pretender transferirlle o custo da crise económica as clases traballadoras e aos sectores sociais máis desfavorecidos economicamente, isto é precisamente a aquelas persoas que non tiveron ningunha responsabilidade na crise que se está a vivir e que tampouco se beneficiaron do crecemento especulativo que provocou esta situación. Estamos convencidos de que hai outras saídas a crise económica e que esta alternativa só parte dun axioma ideolóxico que entronca directamente coas políticas que provocaron a crise. Mesmamente pensamos que as mesmas van agravar a situación económica e van provocar que se volva ao decrecemento na medida que a perda do poder adquisitivo significa automaticamente unha baixa no consumo


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



