SANTIAGO.- Milleiros de persoas volveron ateigar a praza do Obradoiro en defensa do noso idioma e para reclamar maior protección, maior dignidade, maior defensa institucional e para esixir, unha vez máis, a retirada do decretazo, que o goberno da Xunta pretende levar adiante en contra de sindicatos, partidos políticos, asociación, organización de todo tipo e a pesares dos informes en contra da súa publicación de institucións coma a Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o propio Consello Consultivo.
A manifestación foi convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “O galego, o noso existir”.