SANTIAGO .- Afirma ADEGA que a Xunta vén de apresentar máis datos sobre o Plano de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020 confirmando a forte aposta do goberno Feijóo pola incineración. Fronte á realidade das cifras que amosan o rotundo fracaso de SOGAMA, o novo PXRSUG aposta novamente pola incineración (que absorbe o 60% do investimento en infraestruturas e o 48% do orzamento total) cunha nova planta incineradora no Sur sine loci, e a ampliación da de Cerceda. A parte do rato, un 12,5% dos cartos investiranse en 7 novas plantas de compostaxe e un número indeterminado de “miniplantas” locais, para deste xeito cumprir sobre o papel coa Directiva Marco de Residuos (2008/98). Malia á escandalosa manipulación dos datos neste informe (Nostián e Barbanza non reciclan envases!!!, cando en 2008 triplicaban en porcentaxe a SOGAMA), a Xunta non pode ocultar que os sistemas alternativos xa cumpren a día de hoxe os obxectivos de reciclaxe do PXRSUG para 2020. O problema é pois o modelo SOGAMA, defendido contra toda lóxica polo PP, e que está a afundir os índices de reciclaxe galegos a níveis de “Cuentamé…”.
A redución, primeira prioridade e base de calquera sistema de xestión dos RSUs, ten tamén neste PXRSUG uns obxectivos ben cativos: o 10% no 2020 con respeito aos valores de 2009. Se só a crise económica foi quen de rebaixar a xeración de residuos case nun 1% anual, sen as institucións teren feito nada nen investido un só euro en redución, fixar o obxectivo do 10% para o 2020 gastando 56,1 millóns de € en políticas de prevención, reflicte ben ás claras a ineptitude/ineficacia/desleixo da Xunta por diminuir seriamente a produción de lixo.
Este PXRSUG 2010-2020 ten uns obxectivos para a compostaxe da materia orgánica en 2020 do 25%. A día de hoxe, Nostián e sobor de todo Barbanza superan de longo estes obxectivos (43,2% e 44,9% -netos- respeitivamente) mentres que SOGAMA e o modelo vertedoiro empatan cun 0%. O mesmo acontece coa recollida selectiva das outras fraccións, p. ex. o vidro: Nostián e Barbanza xa están nos obxectivos de 2020 gañando por goleada a SOGAMA ao igual que no resto das fraccións, malia á “incineración” interesada dos datos sobre recollida de envases de Lousame e Nostián que para a Xunta do PP é prácticamente cero en 2009 cando en 2005 (datos do PXRSUG do bipartito) chegaba ao 41%, fronte ao ridículo 10% de SOGAMA. Isto revela que SOGAMA e o seu modelo incineratorio afunde os índices de recollida selectiva e reciclaxe galegos a níveis terceiromundistas, mentres que os dos sistemas alternativos sitúanse en liña ou por riba das previsións máis avanzadas de Europa.
A incineradora de SOGAMA está consumindo actualmente máis enerxía da que produce. Según a memoria de actividade da compañía en 2008 a incineradora xerou 459.867 Mw e consumiu 507.914 Mw de gas natural para secar a auga dos residuos. Este ruinoso negocio levou a que a nova propietaria de SOGAMA, Gas Natural-U. Fenosa pensara en vender o 49% que ten en SOGAMA. Con tais precedentes, a Xunta pretende que o capital privado financie o 82% do orzamento do PXRSUG, en particular outra custosísima incineradora (230 millóns de €, a metade do orzamento total). E todo isto, a cambio de que? A aperta de Galán (Presidente de Iberdrola) a Feijóo no Obradoiro pode ter que ver con algo máis que muíños e encoros.
Neste avanzo recóllese tamén o fomento do mercado da reciclaxe sen contemplar investimento algún en plantas recicladoras finais. Estes valiosos materiais iranse fóra de Galiza onde criarán emprego, ficando os impactos vertedoiros, as dioxinas e as cinsas tóxicas no país.
Finalmente, a temporalización das actuacións (posta en marcha das novas instalacións no 2014) fará que de facto este PXRSUG non chege a aplicarse. A Xunta de Feijóo so quere cumprir o expediente fronte a Europa, dándose por satisfeita co recentemente aprobado “recrecido” do vertedoiro da Areosa en Cerceda: máis lixo enriba do lixo, e tiramos até eleccións de 2013. o mesmo cabe pensar da teima por manter a ubicación da incineradora do Sur e demais infraestruturas en segredo: a consigna é evitar abrir máis frontes nas rúas e evitar posíbeis repercusións electorais. Como senon pode explicarse tal “secretismo” sobre a ubicación, cando precisamente este é un dos factores determinantes para a correcta planificación de todo o sistema?
En próximas entregas seguiremos debruzando polo miúdo os diversos aspectos deste PXRSUG
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



