Observatorio da Mariña pola Igualdade inaugura en Alfoz a exposición colectiva “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, 34 fotografías en formato cartón-pluma de tamaño grande, coas mellores fotografías participantes nas exposicións locais previas de Burela, Barreiros e Mondoñedo. A exposición poderá verse do 1 ao 15 de xullo na Torre-Fortaleza Pardo de Cela, O Castro, Alfoz, en Alfoz, en horario de luns a venres de 17 a 21 horas, e sábados e domingos de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
A exposición “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña” viaxa a Alfoz
A exposición “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña” viaxa a Alfoz
Relacionado
-
Arte e denuncia: tres persoas creadoras da Mariña exhiben unha obra efémera sobre a situación sanitaria e foi retirada por orde da Dirección do Hospital
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
A A.C. Francisco Lanza organiza a presentación en Ribadeo de “Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega”, de Carlos Callón