BURELA .- A Plataforma Sanitaria cifra en 10.000 persas que participaron na manifestación de Burela e agradece aos asistentes a participación. O colectivo anuncia “novas mobilizacións se o PP non cambia os seus plans para a sanidade da costa”.
Nota de Prensa
O colectivo anuncia novas mobilizacións se o PP non cambia os seus plans para a sanidade da Costa
A Plataforma Sanitaria agradece aos preto de 10.000 mariñaos a súa participación na manifestación de Burela.
A Plataforma Sanitaria da Mariña agradeceu aos preto de 10.000 veciños de A Mariña a súa participación na masiva marcha celebrada hoxe en Burela en defensa do hospital da Costa e do mantemento dos servicios sanitarios na Mariña. Os membros da Plataforma destacaron o importante apoio popular ás reivindicacións sanitarias por parte da cidadanía tal que se comprobou coa mobilización de hoxe, a máis importante en participación da historia da Mariña despois da celebrada polos sucesos do Casón, o que deixa claro o sentir unánime dos veciños da Costa en defensa dos seus servicios médicos. Neste sentido quixeron destacar que á marxe do aspecto cuantitativo da participación, que deixou pequena a Praza da Mariña onde non puideron entrar parte dos manifestantes, o aspecto cualitativo posto que a pesar das presións, das chantaxes e das mentiras a que foron sometidos por parte do PP a cidadanía respondeu dando un exemplo de dignidade democrática.
Os colectivos e individuos que conforman a Plataforma quixeron esixir diante do clamor unánime da Comarca un cambio de rumbo na política sanitaria da Xunta de Galiza e nese sentido volveron a esixir da Consellaría de Sanidade que de marcha atrás cos seus planos. Neste sentido esixiron que a Xunta rectifique e asuma as reivindicacións da sociedade Mariñá que se concretan nunha área de Xestión Integrada Única propia da Mariña cun xerente de Area Integrada Única de Burela e non un Xerente Executivo que sería unha mera figura representativa así como nunha aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación real do Hospital da Costa e número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de plantilla e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Especializada. A Plataforma Sanitaria da Mariña volveu a incidir que a Xunta de Galiza e o Partido Popular deben saber que calquera posición que non pase por asumir estas demandas vai seguir a contar co rexeitamento dos mariñaos e indicaron que a mobilización de hoxe non fecha a porta ningún proceso mobilizador senón que significa o inicio da loita dos mariñaos polas súas demandas en materia sanitaria.
A Plataforma Sanitaria considera que a manifestación de hoxe deixa en evidencia a aqueles que quixeron ver partidismo diante das demandas sanitarias e escenifica que o PP e a Xunta de Galiza quedou só na Comarca á hora de defender o seu modelo sanitario. Mesmamente exemplifica o grande exemplo de democracia que hoxe os mariñaos lle demos a todos os galegos e galegas, exercendo de cidadáns e persoas libres, exercitando a dignidade e reclamando o que nos é noso. Sería logo bo, que a Xunta e o PP tomen nota de que a súa campaña de intoxicación masiva e de medias verdades non funciona coas xentes da nosa comarca e sería tamén o momento de pedir desculpas a todos os mariñaos polas mentidas verquidas por representantes do PP e responsábeis da Consellaría de Sanidade. Temos claro que non nos merecemos uns representantes públicos que non só xogan a enganar a cidadanía, que non lle dá solución aos seus problemas sanitarios dos seus veciños e que aínda por riba xogaron estes días a insultalos e a faltarlles ao respecto.
Xa por último a Plataforma Sanitaria quere facer chegar a opinión pública que continuará coa súa loita en defensa da sanidade e da calidade asistencial que nos merecemos os veciños e veciñas do norte galego.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



