NOTA DE PRENSA
O PP valora positivamente as axudas da Xunta para reparar os danos das inundacións.
Os populares dubidan das intencións da Deputación e de Fomento.
Consideran que “o alcalde non é de fiar nas súas peticions: por qué retrasa o pleno para pedirlle a Fomento actuacións na variante?”.
O GMPP de Burela valorou hoxe positivamente as actuacións e liñas de axudas que a Xunta de Galicia vén de comprometer para axudar a concellos e veciños a reparar os danos causados polas inundacións. O PP burelés indicou que explicará ós veciños que o desexen as liñas de axudas decretadas pola Xunta referidas a particulares.
Os populares entenden que se está actuando con celeridade desde a Xunta, e que esta celeridade demostra a credibilidade de Núñez Feijoo pero dubidan das intencións da Deputación: “de feito, en Burela, o alcalde anunciou que a Deputación repararía a travesía municipal á altura do Perdouro afectada por unha riada hai cinco meses, e de momento non se veu ningún tipo de actuación: as vallas seguen no mesmo sitio desde hai cinco meses”.
E ademais, dubidan do propio alcalde: “nós presentamos dúas mocións para solicitarlle ás administracións que se actúe coordenadamente por un lado, e que, por outro, Fomento actúe na variante; pero o alcalde non tén ningunha intención de celebrar o pleno antes do día oito do mes de Xullo, cando tiña que terse celebrado onte, xoves”. Por eso, os populares consideran que “o alcalde está a usar o seu cargo para facer exclusivamente política de partido: mañán participará na manifestación da plataforma sanitaria, e é mui libre de facelo. Pero ainda non falou coa Consellería de Sanidade por ese asunto, nin falou coa de Traballo e Benestar pola gardería, por poñer dous exemplos. Eso quizaves tamouco o veremos pedirlle a Fomento que actúe na variante para evitar que se volva a producir o que pasou hai quince días. O alcalde é un mandadiño do seu partido”.
Os populares aseguran ademais que “a oficina de información que o alcalde di que puxo en marcha nunca existiu como tal: os afectados só podían entregar un modelo de instancia que se lles facilitaba, debidamene cuberto, pero ninguén estivo expresamente no concello a disposición dos afectados”.






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.