CERVO .- A corporación municipal de Cervo aprobou os orzamentos do ano en curso cos votos do grupo de goberno, e prevé un superávit de 247 mil euros para sanear as contas do concello.
NOTA DE PRENSA
A corporación municipal aprobou hoxe os orzamentos co apoio do grupo de Goberno
SETE DE CADA DEZ EUROS DOS PRESUPOSTO DE 2010 VAN DESTINADOS A GASTOS SOCIAIS, EDUCATIVOS, CULTURAIS E DE SEGURIDADE
* Os recortes económicos fixados polos responsables municipais non afectarán a estes servizos
* O superávit de 247.249,96 € previsto neste presuposto amosa a aposta decidida dos responsables municipais polo saneamento das contas locais
Cervo, 25 de xuño de 2010.- A corporación municipal cervense celebrou esta mañá unha sesión plenaria na cal figuraba entre outros temas a aprobación dos presupostos municipais para o presente exercicio 2010. A proposta económica elaborada polo grupo de Goberno saíu finalmente adiante cos votos favorables do grupo popular, mentres que a oposición votou en contra.
No transcurso do debate a concelleira de Economía, Chelo Gallego, dixo que os orzamentos de 2010 veñen marcados pola aposta “decidida” do grupo de Goberno de sanear a Facenda local “a través de la continuidad del plan de ajuste económico iniciado el pasado año 2009”. Neste sentido, Gallego puntualizou que esta contención do gasto nas contas municipais non se verán afectados servizos básicos coma os referidos aos servizos sociais, programas educativos, seguridade, cultura ou limpeza. “Nuestra finalidad es procurar eliminar todo gasto superfluo y para eso actuaremos con responsabilidad mediante esta herramienta presupuestaria que se caracteriza por ser realista y adecuada a los tiempos de crisis que estamos viviendo” asegurou a edil cervense na súa intervención.
Entre os aspectos destacados pola responsable da área económica municipal figuran os referidos aos investimentos previstos neste presuposto en Protección Civil (241.803,45 €), Seguridade (186.529,80 €), Servizos de Augas (309.531,83 €), Medio Ambiente (252.629 €), Fomento do Emprego (55.801,56 €), Educación (354.734 €), Cultura (320.888,16 €), Deportes (409.226 €), ou Turismo (174.000 €).
Rebaixa de soldos para garantir servizos
Gallego Prieto afirmou que unha das mostras de contención do gasto reflíctese no aforro xerado pola rebaixa no soldo dos responsables municipais, cuxas cantidades van destinadas a servizos de carácter educativo e social “como por ejemplo a una nueva linea de ayudas para que las familias con recursos económicos limitados que tengan hijos escolarizados en el CEIP Cervo Nº1 puedan llevar a sus niños al comedor escolar; o a las subvenciones del transporte escolar, o a las ayudas para la compra de aparatos de recepción de la TDT a las familias que residen en zonas de sombra del concello”.
Por último a edil popular recordou tamén que o Grupo de Goberno puxo en marcha unha serie de taxas neste último exercicio que so se aplican a grandes empresas como compañías eléctricas, eólicas, ou de telefonía móbil, “no a los más débiles como propugnan las políticas prácticas de la izquierda”.
Mocións nacionalistas aplazadas
Os integrantes do grupo municipal popular, maioritario na corporación, sinalaron que tanto os órganos colexiados municipais coma os responsables locais decidiron non aprazar a sesión plenaria por motivos de xestión administrativa. “De feito, cando convocamos o pleno sabíamos que o señor Balseiro e a señora Lara Méndez non ía poder asistir por motivos persoais e aínda así mantivemos a data de celebración. Sentimos moito que o voceiro nacionalista non puidera acudir e por deferencia a el decidimos pospoñer o debate das mocións presentadas polo seu grupo para o próximo pleno”.
Rebaixa de soldos
Ademais da aprobación dos presupostos, o pleno da corporación tamén aprobou unha segunda rebaixa dos soldos dos responsables municipais nos últimos doce meses. Esta rebaixa de salario afectará ao alcalde (que pasara de cobrar 42.840 euros ao ano a cobrar 39.841) e á concelleira de Medio Ambiente, Servizos Sociais e Protección Civil, Pilar Armada (cuxo soldo pasará de 16.165 euros anuais a 15.355 euros). Ademais da contención nos emolumentos destes dous responsables municipais, o grupo de Goberno local tamén rebaixou as contías económicas pola asistencia aos órganos colexiados do Concello e as asignacións aos grupos políticos. Así, cada grupo político pasará de percibir un compoñente fixo de 1.200 a 40 euros anuais, e un variable en función do número de membros de cada grupo de 400 euros anuais por concelleiro (ata o de agora a contía por este concepto era de 600 euros ao ano). Tamén se fixou unha rebaixa de 100 a 20 euros por asistencia aos plenos.
Fillos adoptivos
A corporación tamén decidiu por unanimidade nomear como fillos adoptivos aos persoeiros Francisco Rivera Casás e Isaac Díaz Pardo.


















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



