RIBADEO (FNC) .-. O temporal de chuvia da pasada semana danou 13 pontes en Ribadeo, das que 12 son de titularidade municipal. Os técnicos seguen a avaliar os danos e o rexedor pídelles aos veciños afectados que fagan unha primeira declaración dos desperfectos que sofriron nas súas propiedades no Concello. Terá que ir acompañada de fotografías que acrediten o acontecido.
Fernando Suárez manifestou que “a situación despois de pasar o peor entra nunha nova dimensión deste triste suceso que é ver e identificar todos os danos que o temporal de auga deixou no noso concello. Para eso xa durante a fin de semana os técnicos municipais visitaron as parroquias e fixeron unha primeira avaliación, é algo que estamos enviando á Delegación de Goberno e á Xunta de Galicia para que estas institucións saiban da magnitude á hora de articular algún tipo de axuda a Ribadeo”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “a parte dos inventarios de pontes, camiños ou infraestructuras de auga rotas tamén son consciente de que hai unha serie de propiedades, explotacións, terras de cultivo que resultaron danadas. Nós ainda non sendo quen vaia a sufragar ou a costear parte destes gastos, queremos indicarlles aos afectados aos que auga lles levou animais, ou lles estragou cultivos… que presenten no Concello canto antes unha primeira declaración destes desperfectos acompañada dunha reportaxe fotográfica para, cando menos, ir individualizando e vendo cantos expedentes debemos incoar para enviarlles ás diferentes administracións e tentar conseguir algún tipo de axuda”.
Suárez Barcia convocou para as sete desta tarde no Concello “unha xunta de portavoces dos diferentes grupos porque entendo que se dan neste concello varias circunstancias de cara a unha solicitude do que pode ser unha declaración de zona catastrófica ou para solicitar á Deputación, á Xunta e ao Ministerio axuda para a reparación de danos que exceden a capacidade económica dun Concello. No noso caso estarán máis Concellos tanto da Mariña como do Occidente asturiano porque estamos todos nunha situación parecida”.
O rexedor adiantou que “sen ter ainda un expedente definitivo concluido sobre os danos públicos, que temos identificadas 13 pontes afectadas en maior ou menor medida por estas chuvias das que 12 son de titularidade municipal, algunhas comunican cos concellos veciños e outras entre parroquias, algunhas están literalmente desaparecidas e outras están estropeada, pero esto suporá unha inversión importante e queremos coñecer a magnitude real á que nos enfrontamos. A relación coa Deputación, coa Xunta e coa Subdelegación do Goberno é correcta e cordial e eles están tentando axudar, agardemos que unha vez que teñamos todo inventariado e cuantificado se sigan portando como viñeron facendo ata o de agora”.
Abastecemento de auga
Fernando Suárez sinalou que “nestes momentos seguimos sen auga nas parroquias do interior, estamos levando co camión de incendios auga potable aos depósitos para que non queden descebados e esperemos que nas vindeiras horas ou días se poida restablecer o suministro. Hai que lembrar que un talud grande na estrada Reme-Vilamar levou parte dese vial e a acometida de auga, estamos en coordinación coa Xunta e eles con bó criterio deixaron pasar unhas horas e agora contamos que veñan unhas paleadoras de cadeas para que vaian facilitando o acceso aos operarios da empresa concesionaria de auga e que así poidan empezar a restituir a tubería desaparecida”.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).