NOTA DE PRENSA:
O BNG DENUNCIOU A UTILIZACIÓN DE PERSOAL MUNICIPAL DO CONCELLO DE CERVO PARA REPARTIR PANFLETOS DO PP CONTRA A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA
O nacionalistas pregúntanse si este persoal traballa para o conxunto da cidadanía cervense ou para o Partido Popular
Cervo, 23 de xuño de 2010. O BNG denunciou que na tarde noite de onte persoal laboral do Concello de Cervo repartiu por vivendas do concello panfletos asinados polo PP contrarios á Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Os nacionalistas descoñecen si este reparto se fixo en horario laboral ou fora del e si este persoal e militante do PP ou non, en calquera caso xa e público e notorio que o PP confunde o institucional co partidista ordenando a persoal municipal o reparto deste material.
Non e de recibo, sinalaron dende o BNG de Cervo que despois de escoitar na tarde de onte a representantes do PP esixindo explicacións sobre o apoio de concellos a Plataformas sanitarias como a da Mariña, concretamente a do Barco de Valdeorras, que están formadas por múltiples asociación veciñais e colectivos de doentes, agora eles utilicen recurso e persoal municipal para difundir un panfleto asinado por un partido político concreto.
Os nacionalistas recriminaron a actitude do goberno local de Cervo, non a do persoal municipal que fixo o reparto, xa que unha vez mais vese como as formas e modos do PP, ademais de falsos son impositivos e dictatoriais, ao obrigar a este persoal a facer un traballo que non forma parte dos seus cometidos en favor do partido político que sustenta o goberno local.


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



