NOTA DE PRENSA
Foi o director xeral de Urbanismo do bipartito quen ordenou o inicio das actividades inspectoras en Barreiros e mentres que as primeiras visitas ao concello tiveron lugar no ano 2008, a inmensa maioría dos recursos contra as licenzas neste municipio lucense foron realizadas con anterioridade a esta data
O GRUPO POPULAR PREGUNTA NO PARLAMENTO POLA EMISIÓN DE INFORMES NEGATIVOS SOBRE OBRAS EN BARREIROS QUE NIN TAN SEQUERA FORON VISITADAS POLOS INSPECTORES ANTE AS SOSPEITAS DE DIRIXISMO POLÍTICO
* Esta manifesta irregularidade pon de relevo que o proceder dos altos responsables da administración autonómica na pasada lexislatura estaba baseado máis en criterios de oportunidade e persecución política que en fundamentos técnicos rigorosos desde o punto de vista da legalidade urbanística.
* Balseiro cualifica de comportamento “inaceptable e caciquil” o uso político dos servizos de inspección ante unha problemática que xurdiu por unha denuncia do BNG
A Mariña, 9 de xullo de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular vén de rexistrar na Cámara galega unha serie de iniciativas despois de coñecerse que os inspectores da Xunta, na pasada lexislatura, emitiron informes técnicos negativos sobre obras do concello lucense de Barreiros sen tan sequera visitalas, sen ter a oportunidade de comprobar persoalmente e in situ as parcelas sobre as que estaban proxectadas as edificacións.
Os autores da iniciativa que encabeza o deputado Jose Manuel Balseiro Orol subliñan que este proceder “canto menos pouco rigoroso, por non chamalo directamente irregular” permite sospeitar que estamos ante un caso claro de “dirixismo político”. Unha idea que cobra forza despois de coñecerse que foi o propio director xeral de Urbanismo do bipartito, Ramón Lueje, o que ordenou o inicio das actividades inspectoras en Barreiros e que mentres que as primeiras visitas ao concello dos órganos de inspección tiveron lugar no ano 2008, a inmensa maioría dos recursos contra as licenzas foron realizados con anterioridade a esta data.
A imaxe de dirixismo político estaría ademais fundamentada en outro feito: a denuncia contra a situación urbanística de Barreiros parte dun grupo político, o BNG, que por aquel entonces formaba parte da responsabilidade de Goberno da Xunta
“Estes feitos veñen a por de relevo que o proceder dos altos responsables da administración autonómica na pasada lexislatura estaba baseado máis en criterios de oportunidade e persecución política que en fundamentos técnicos rigorosos desde o punto de vista da legalidade urbanística”- conclúen os populares na súa exposición de motivos.
COMPORTAMENTO INACEPTABLE E CACIQUIL
Balseiro cualificou de “comportamento inaceptable e caciquil” que o bipartito empregara os servizos de inspección urbanística da Xunta como arma de confrontación institucional e considerou claramente inapropiado que desde instancias políticas se lles force aos inspectores a realizar unha serie de informes sen polo menos darlles a oportunidade de visitar as obras sobre o terreo.
Neste senso emprazou ao PSOE e á anterior conselleira de Política Territorial, hoxe deputada desta formación política, a dar as explicacións oportunas por estes feitos que non só tiveron como resultado consecuencias moi negativas pola parálise do desenvolvemento urbanístico nesta zona senón que ademais prexudicaron dun xeito evidente a moitos veciños deste municipio.
PROCESO VICIADO DE ORIXE
A Xunta bipartita durante a pasada lexislatura iniciou medio cento de expedientes sobre licenzas de construción de vivendas outorgadas polo Concello de Barreiros. Desde a administración, xestionada por aquel entón por PSOE e BNG, reclamouse a anulación destas autorizacións, chegando incluso a interpoñer diversos recursos contenciosos nos xulgados que agora son obxecto de discusión despois de coñecerse estas e outras irregularidades que evidencian un uso político da función inspectora da Xunta, imputable exclusivamente aos cargos do bipartito. En todo caso poderíamos estar ante un proceso “viciado desde a súa orixe”



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



