BURELA (FNC) .- Burela acollerá a vindeira fin de semana a terceira proba do campionato galego de motonáutica, evento que se aprazou no mes de xuño como consecuencia das chuvias e das inundacións que sofriu a vila.
O sábado 31 de xullo celebrarase na praia do Portelo dita proba. A edil socialista, Remedios López, asegura que “segue a apostar por estes eventos nos que o nome de Burela recorre toda Galicia. Éste é o terceiro ano consecutivo que se organiza a proba en Burela que ten unha grande expectación na poboación pola afección que hai a este deporte”. Este acto estará supervisado polos xuíces e pilotos da Federación Galega de Motonáutica. As etapas celebradas con anterioridade á que acollerá Burela realizáronse a pesares das duras condicións do mar e metereolóxicas, segundo a concelleira de Mar, “o circuito foi duro, con moito mar de fondo só apto para profesionais e onde se viu a destreza dos pilotos”. Nesta ocasión en Burela haberá tres categorías, unha mais que o ano anterior, JET SKI FI 2-4T, RUNABOUT F1 2-4T e RUNABOUT STOCK F2 2-4T PROMOCIÓN. Remedios López lembra que “como nas edicións anteriores cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade e durante todo o día haberá probas e exhibicións. Destaca a participación de pilotos tan importantes como Arturo Campos, Manuel Osorio, Alberto Martínez e Xoel Lago”.
O campionato comezará as 17 horas con tres mangas en cada modalidade de motos de auga Maxi, Jet SKI e Runabout Promoción, cun número de participantes de 25 a 30. Durante toda a mañá haberá probas de quentamento, adestramentos oficiais e mangas clasificatorias que farán disfrutar deste deporte ao longo de todo o día. A edil de Mar convida “a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para disfrutar deste espectáculo gratuíto, que é un importante evento deportivo no que o nome de Burela figurará ao longo das distintas probas que de desenvolverán por toda Galicia. Darlle as grazas ás distintas entidades que colaboran e fan posible que este tipo de eventos funcione: Clube Náutico de Burela, Protección Civil, Cruz Vermella e Policía Local de Burela”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



