RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase satisfeito coa subvención de 389.000 euros que lle concede a Xunta ao Concello para a redacción do Pepri do casco vello. O rexedor di que se trata dun paso moi importante para o futuro de Ribadeo.
Suárez Barcia pensa que “é unha moi boa noticia para o casco vello de Ribadeo o feito de que por fin poidamos sacar a licitación a redacción do Pepri do casco vello da vila. Levamos varias corporacións, entre elas a presidida por Balbino Pérez Vacas, intentando que a Xunta puidera financiar a redacción do Pepri e o director xeral de Urbanismo daquela comprometérase tanto con él como conmigo no ano 2007, pero esa axuda nunca chegou. E hai poucos meses a actual secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, comprometéuse a ter en conta os esforzos que desde Ribadeo se estiveron a facer neste sentido de cara á rehabilitación do casco vello, e hai poucos días recibimos unha notificación do conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras indicándonos que nos van financiar cunha cantidade de 389.000 euros que sumados aos 43.000 que terá que asumir o Concello suman un montante total de 432.000 euros que é o que costará a redacción do Pepri do conxunto histórico do casco vello de Ribadeo”.
O rexedor manifestou que “actualmente sí que se permite a rehabilitación no casco vello de Ribadeo, de feito con moi bó resultado dado que hai un importante número de vivendas que se están acollendo a todas estas axudas que levamos anos outorgando en Ribadeo co apoio do goberno do Estado e da Xunta, pero fáise necesario que isto estea instruido a través dun plan especial de protección dado que non se permite obra nova e toda a rehabilitación debe estar tutelada pola Comisión de Patrimonio de Lugo que depende da Consellería de Cultura”.
Fernando Suárez considera que “se vai dar un paso moi importante de cara a dotarse dun instrumento potente e verdadeiro como é un Pepri que reformule os espazos baleiros, dotacións públicas novas ou incluso aparcadoiro. Confío en que antes de que remate o ano este expediente de contratación para a redacción do Pepri estea adxudicado e de feito nestes días estamos publicando en varios boletíns da Unión Europea, do Estado e da provincia de Lugo para que todas aquelas empresas que queiran participar o poidan facer nos prazos establecidos”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



