NOTA DE PRENSA:
O Director Xeral de Sostenibilidade presenta o Plano de Litoral e a súa aplicación en Burela.
O acto será mañán, xoves, ás cinco da tarde, organizado polo PP local.
O Director Xeral de Vivenda reúnese mañán con veciños das Casas Baratas.
O Partido Popular de Burela organiza para mañán, xoves, ás cinco da tarde, na antiga biblioteca de Burela, un acto de presentación do Plan de Ordenación do Litoral (POL) e a súa aplicación no concello burelés; acto que contará coa presencia de Manuel Borobio, Director Xeral de Sostenibilidade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que coordenou os traballos de elaboración do POL.
O acto contará con dúas partes, unha primeira expositiva, e unha segunda para dar resposta ás preguntas que se formulen.
Por outra parte, o Director Xeral de Vivenda da Xunta de Galicia, Antonio Boné, manterá unha reunión na sede do PP local ás seis e media da tarde cos representantes de veciños das Casas Baratas, para tentar buscar unha solución ás demandas dos mesmos. O PP burelés lembra a súa disposición a colaborar cos veciños na búsqueda de solucións dentro da normativa vixente.