Dende o día 18 de agosto e ata o sábado 28, poderán disfrutar no CENIMA de Foz da exposición “Isto é Foz”, unha mostra de 82 acuarelas obra da artista toledana Isabel Fernández, que reflexan belas estampas das rúas Foz e das paisaxes e patrimonio que conforman o noso municipio. Estas mesmas acuarelas serviron para ilustrar o libro “Esto es Foz”, que fixo en colaboración co alcalde de Foz, Xosé Mª García Rivera. Actualmente esta colección é propiedade do Concello de Foz.




















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.