NOTA DE PRENSA:
O presidente da Xunta salienta os bos resultados desta campaña do bonito que está a resultar “especialmente intensa” polo número de capturas e de facturación
FEIJÓO RATIFICA O APOIO DO GOBERNO GALEGO Á PESCADA DO BONITO, QUE TEN CONVERTIDO BURELA NO SEGUNDO PORTO DE ESPAÑA EN VOLUME DE CAPTURAS
Resalta que o 70 por cento de todo o bonito que entra en Galicia entra polo porto de Burela, e que neste ano se teñen rexistrado un 60 por cento máis de capturas que no ano 2009 e un 45 por cento máis de vendas
Asegura que o bonito que se pesca en Galicia e que sae a través de Burela leva unha etiqueta verde que acredita a calidade do bonito do Norte, a legalidade da súa captura, o barco onde é collido e, tamén, a zona onde é pescado
Sostén que, como apoio loxístico, hai dous barcos que están permanente traballando nas zonas onde se pesca esta especie, un deles facendo de apoio loxístico, de medicina e telemedicina e como punto de evacuación mediante os helicópteros
Destaca que a pescada do bonito é clave na Mariña lucense porque favorece a sostibilidade ambiental, económica e social da zona
Burela (Lugo), 1 de setembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe o apoio “loxístico e promocional” que o Goberno galego presta á pescada do bonito, que ten convertido Burela no segundo porto de España en número de capturas. O mandatario galego visitou esta mañá a lonxa de armadores de Burela, onde percorreu as áreas de venda de bonito e do Gran Sol, o almacén de expedición de peixe e embarcou nun barco de pesca.
O presidente da Xunta precisou que dous barcos que están permanente traballando na zona onde se pesca esta especie serven de apoio loxístico ás tripulacións que participan na pescada do bonito; un deles, facendo de apoio loxístico, de medicina e telemedicina e, por suposto, servindo como punto de evacuación mediante os helicópteros, dixo.
No que se refire ao apoio promocional, explicou que o bonito que se pesca en Galicia e que sae a través de Burela leva unha etiqueta verde que acredita a calidade do bonito do Norte, a legalidade da súa captura, o barco onde é collido e tamén a zona onde é pescado.
Sostibilidade ambiental, económica e social
O mandatario galego sinalou que a pescada do bonito é “clave” na Mariña lucense por unha serie de particularidades que están baseadas sempre nun principio básico que é a sostibilidade ambiental, económica e social. A sostibilidade ambiental, proseguiu, é “unha garantía e un indicador específico da campaña do bonito porque o propio bonito establece a súa propia veda natural”. Neste contexto, explicou que a propia arte de pesca do curricán obriga a que non se poida coller outra especie que non sexa o bonito.
Sobre a sostibilidade económica, expuxo que son moitas familias as que viven da pescada e que este peixe rexistra un alto volume de facturación. Feijóo resaltou que Burela é o segundo porto de España en importancia de capturas deste tipo de peixe posto que o 70 por cento de todo o bonito que entra en Galicia entra polo porto de Burela.
Así mesmo, destacou que estamos nunha temporada de bonito “especialmente intensa” tanto pola súa contía como pola súa facturación. “Estamos rexistrando un 60 por cento máis de capturas que no ano 2009 e cun 45 por cento máis de vendas que o pasado ano. Polo tanto, estamos nun momento importante”, subliñou.
No tocante á sostibilidade social, argumentou que se está a manter poboación dentro da costa que converte a Burela nun dos concellos onde a poboación “non soamente se mantén, senón que se incrementa”. Ademais, agregou, é unha poboación que integra culturas como consecuencia das tripulacións dos barcos que residen na zona.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



