NOTA DE PRENSA:
Na Mariña lucense os colexios os centros educativosque recibiron autorización para ser “pluringües” son CPR Nuestra Señora del Pilar de Foz e CEIP Vista Alegre de Burela
A Consellería de Educación anuncia que máis de medio centenar de centros galegos serán plurilingües no presente curso escolar
Preto de oitenta centros galegos solicitaron entrar no plan de potenciación das linguas estranxeiras
O obxectivo da Consellería e que máis de 40.000 estudantes de Primaria e da ESO teñan mellorado no curso 2012/2013 as súas competencias lingüísticas e que 13.000 docentes e 6.600 profesionais dos distintos eidos laborais terán a posibilidade de recibir formación específica nestes 4 anos
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2010.-. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a listaxe cos nomes dos 52 centros educativos galegos de educación Primaria e ESO que o 10 de setembro comezaran a funcionar como centros plurilingües.
A convocatoria realizada, por primeira vez, pola Xunta de Galicia para converterse en centros plurilingües tivo unha gran resposta xa que na Consellería de Educación se recibiron 76 solicitudes. Destes 19 foron excluídos e outros seis foron rexeitados por presentar a documentación incompleta.
O número de solicitudes recibidas e aceptadas, demostran o apoio, tanto da sociedade como da comunidade docente, a este nova iniciativa do goberno galego por ofrecer a mellor formación aos seus estudantes. Neste primeiro ano entran a formar parte da rede de centros plurilingües escolas tanto dos núcleos rurais como das cidades, sendo 29 centros públicos.
Plan de potenciación
O Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras cumpre co obxectivo do goberno e acadar, de aquí ao curso 2012-2013 os 160 primeiros centros plurilingües que se van crear. Así, o 20% da poboación escolar de Primaria e da ESO que estuden no 2012/2013 en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia tería cursado ensinanzas nas seccións bilingües e centros plurilingües, grazas ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.
Este proxecto, dá resposta aos ‘Obxectivos de Lisboa’ en materia de aprendizaxe de linguas, establecidos pola Unión Europea. Ó impulso ás linguas na actual situación de crise supón un importante esforzo para o Goberno galego que, volve a demostrar a súa decidida aposta e compromiso coa aprendizaxe doutros idiomas, cunha estratexia pensada ata o ano académico 2012/2013.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



