NOTA DE PRENSA
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO ( 16 OUTUBRO 2010 )49 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 15 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 192 | 12 |
| SEGUNDO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 179 | 10 |
| TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 178 | 8 |
| CUARTO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 178 | 7 |
| QUINTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 177 | 6 |
| SEXTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 175 | 5 |
| SÉTIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 168 | 4 |
| OITAVO | ARTURO VIGO CASABELLA | 162 | 3 |
| NOVENO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 155 | 2 |
| DÉCIMO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 153 | 1 |
| MELLOR BOLADA | LUIS RANCAÑO BOUSO | 74 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVIN | 74 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 67 | 4 |
| TERCEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 62 | 3 |
| CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 61 | 2 |
| QUINTO | CRISTIAN CAO CASARIEGO | 57 | 1 |
| MELLOR BOLADA | AITOR BOUSO GAVIN | 36 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 109 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 97 | 4 |
| TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROCUO | 93 | 3 |
| CUARTO | DOLORES PÉREZ MÍGUEZ | 72 | 2 |
| QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 68 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAFA | 49 | 1 |
INCIDENCIAS DA 2ª TIRADA
(Centro Social de Palmeiro – Sábado, 16 de outubro 2010)
-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.
-49 inscritos: 24 na Liga Senior, 15 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina. O primeiro que queremos destacar deste comezo de temporada é a ALTÍSIMA PARTICIPACIÓN nestas primeiras tiradas, dado que hai bastantes anos que non se inscribía tanta xente a unha tirada de bolos; Tamén a semana pasada, na tirada celebrada no C.S. de Lago tivemos 49 inscritos. Temos que decir que unha boa culpa desta participación é a presencia dun importante número de xogadores/as Sub 18, o cal nos alegra un montón, xa que neles está o futuro dos bolos. Neste sentido, e polo momento, está claro que as Xornadas de Promoción dos bolos que realizamos no IES Illa de Sarón funcionaron ben, dado que polo menos, neste inicio de campionato, un bó número de alumnos/as do IES Illa de Sarón están participando neste comezo. Temos que darlle as gracias ao profesor de educación física do IES Xabi Bouza Criado, que nos está axudando moito neste sentido, xa que él está animándoos a que participen na nosa competición.
Liga de Maiores.- Despois de dúas tiradas, a Liga encabézaa Moisés Rodríguez, quen se está mostrando moi forte neste inicio de temporada. Recordamos que Moisés Rodríguez foi campión Sub 18 de bolos na temporada 2001-2002, dahí que estemos a falar dun xogador cunha ampla traxectoria neste deporte, polo que nón é ningunha sorpresa o seu liderato. En segunda posición temos ao vixente campión Ginés Rodríguez, cun xogo tamén moi sólido, continuando a traxectoria da temporada pasada; Ginés, se o traballo llo permite é pode asistir regularmente ás tiradas, non nos cabe dúbida que vai ser o rival a batir, sempre e cando manteña a ambición da pasada temporada. En terceira posición todo un clásico, o xa veterano Arturo Vigo, que inda se mantén nas primeiras posicións, pero xa cunha traxectoria irregular, alternando boas e mediocres actuacións, lonxe xa de glorias pasadas.
Liga Sub 18.- Esta liga, polo momento, é toda unha incógnita, dado o número de novos xogadores/as que se incorporaron á mesma, e que inda non os coñecemos o suficiente como para facer unha valoración de todos eles. Se podemos decir, que a líder Claudia Fernández, quen xa participou na Liga durante unha parte da pasada temporada, está mantendo un nivel aceptable de xogo, dahí a súa posición. O segundo clasificado, Aitor Bouso, polas súas características físicas e a pouco que manteña unha regularidade, pode convertirse no rival a batir.
Liga Feminina.- Nesta Liga podemos decir que mantemos unha continuidade con respecto ao pasado ano, dado que as primeiras clasificadas da temporada pasada comandan a clasificación, inda que invertidas, xa que Dolores Baño (subcampiona do pasado ano) é líder con 10 puntos, seguida de Carmen Roca (campiona do pasado ano) con 6 puntos, xunto con Concepción Piñeiro, tamén con 6 puntos. Das novas incorporacións, temos que decir que nos gustou moito o estilo e a maneira de xogar de Belén Meitín, unha nova xogadora que se incorporou este ano á Liga, e que se sigue con esta progresión pode dar moito que falar este ano.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE OUTUBRO DE 2010.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
