Nota de prensa:
OS DEPUTADOS POPULARES SALIENTAN A APOSTA DO GOBERNO DE GALICIA POLA MARIÑA LUCENSE DADO QUE EN TEMPO DE CRISE A NOSA COMARCA RECIBIRÁ 2,3 MILLÓNS DE EUROS MÁIS CA NO 2010
· Mentres que as contas autonómica redúcense en cómputo global nun 10,08% na Mariña os investimentos crecen un 5,44%
· Salientan os máis de 10 M€ para un novo treito lucense do Corredor, e os máis de 500.000 que recibirá o Hospital da Costa para obras e actuacións concretas entre as que se atopa as melloras tecnolóxicas e a ampliación dos servizos centrais.
A Mariña lucense, 20 de outubro de 2010.- Os deputados populares Emma Álvarez Chao e Jose Manuel Balseiro Orol veñen de efectuar unha valoración de urxencia das contas autonómicas para 2010 e a súa incidencia na nosa comarca. Os parlamentarios salientan a aposta do Goberno de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, pola Mariña lucense dado que a pesares de que estamos en tempo de crise e restriccións orzamentarias, a nosa comarca recibirá 2,3 millóns de euros máis ca no ano 2010.
Pese ao descenso do 10,8% dos recursos orzamentarios da Xunta a nivel global o Executivo popular favorece á Mariña lucense discriminándoa de xeito positivo e incrementando as súas achegas en 5,44%. A nosa comarca destaca no conxunto da comunidade porque o saldo de achegas con respecto a anualidade anterior é positivo. No ano 2010 os investimentos da Xunta foron de 44.113.217,24 mentres que para o 2011 a cifra chegará aos 46.509.072,73.
Aínda que a relación máis polo miúdo de actuacións será obxecto de explicación nos vindeiros días en rolda de prensa, os deputados quixeron salientar dúas delas pola súa importancia xeral: Os máis de 10 millóns de euros que a Xunta investirá nun novo treito lucense do corredor (Vía de Altas Prestacións) e, o máis de medio millón de euros que o Executivo popular destinará ao Hospital da Costa, para obras e actuacións concretas, entre as que se atopan 175.000 euros para melloras tecnolóxicas (equipamentos de atención especializada) e 351.880 para a ampliación dos servizos centrais do Hospital, área de laboratorio e servizo de urxencias (obras diversas).


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



