Nota de Prensa
Empraza ao deputado socialista deixar de facer demagoxia en relación coa xestión destas instalacións náutico recreativas
BALSEIRO CONSIDERA QUE O DESCOÑECEMENTO DE REGO SOBRE O PROCEDEMENTO DE CADUCIDADE DA CONCESIÓN DO PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO FAI QUE TEÑA QUE EMPREGAR “ACUSACIÓNS INSIDIOSAS” CARENTES DE FUNDAMENTO
* Emprázalle a rectificar e a evitar caer na tentación de acometer excesos verbais para agochar a responsabilidade do seu partido e da alcaldía de Viveiro no mal funcionamento destas instalacións e no deterioro de servizos e imaxe turística que se estaba a producir ata o rescate da concesión.
Santiago, 23 de outubro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, asegurou que o descoñecemento do parlamentario socialista Ismael Rego sobre o procedemento técnico-xurídico que supón o expediente de caducidade da concesión sobre o porto deportivo de Viveiro fai que teña que argumentarse “mediante acusacións insidiosas totalmente carentes de fundamento”. Como é sabido o parlamentario socialista, Ismael Rego, acusou ao presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez-Campana, de adxudicar “a dedo” a xestión das instalacións náutico recreativas.
Jose Manuel Balseiro censura con contundencia o comportamento de Ismael Rego e quixo mostrar a súa repulsa pola técnica empregada polo deputado socialista e que se basea en efectuar acusacións sen ningún tipo de fundamento cara o presidente do organismo portuario. Neste senso emprázalle a rectificar, e a evitar caer na tentación nada aconsellable de “acometer excesos verbais para agochar a responsabilidade do seu partido no mal funcionamento destas instalacións náutico-deportivas”.
Balseiro pídille a Rego que abandone a demagoxia en relación coa xestión destas instalacións, e lémbralle que foron recuperadas precisamente como consecuencia dos reiterados incumprimentos do anterior concesionario, isto é, o Concello de Viveiro que preside o rexedor socialista Melchor Roel. De feito, o deputado popular asegura que si “o señor Rego se tomara a molestia de pedirlle ao concello de Viveiro unha copia do expediente e de lerse o acordo de incoación da caducidade moi probablemente se abstendria de calquera reproche ou acusación sobre a actuación do presidente de Portos, todo o contrario, agradeceríalle que tomara cartas no asunto para poñer fin a unha situación insostible, que só actuaba en prexuízo dos usuarios do porto deportivo e deterioraban a imaxe de atracción turística que debera ter unhas instalacións destas características”
















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



