Nota de Prensa
DERON COMEZO OS PREPARATIVOS PARA A ORGANIZACIÓN DO VIII ENCONTRO DE PALILLEIRAS
* O evento terá lugar o vindeiro 2 de abril na vila de San Ciprián e os organizadores pretenden incluír coma novidades actividades paralelas ao encontro coma un desfile de modelos con prendas de encaixe e unha feira-exposición de antigüidades
* O Concello ven de abrir o prazo de inscrición para todos os interesados en participar nos cursos que se desenvolverán a partires do mes que ven en Cervo e San Ciprián para promover esta técnica artesá entre os veciños do municipio
Cervo, 9 de Outubro de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais e Muller do Concello de Cervo, Pilar Armada, mantivo na terde de onte unha xuntanza cos representantes da asociación “A Sombriza” e coas profesoras María Luz Méndez e Modesta Lombardero para iniciar os traballos preparativos da XVII edición do Encontro de Palilleiras que anualmente se celebra na vila de San Ciprián e que acolle a máis de 800 palilleiras de distintos puntos da xeografía galega e asturiana.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Servizos Sociais, xunto coa asociación “A Sombriza” e estas dúas profesoras artesáns son as encargadas de preparar o programa de actividades deste encontro, que nesta ocasión terá lugar o vindeiro 2 de abril, así coma as actividades complementarias que se desenvolven nel.
Segundo sinalou a edila cervense, entre as novidades nas que están a traballar para a vindeira edición figura a celebración dun desfile de modas con modelos profesionais no que o encaixe será a prenda predominante da roupa que se exhiba. Tamén están a valorar a posibilidade de organizar unha feira-exposición de antigüidades, a cal se complementaría coa feira de produtos relacionados co encaixe que habitualmente se organiza de xeito paralelo ao encontro. “O que pretendemos é ir medrando edición tras edición” salientou Armada, quen recoñeceu que o traballo de organizar un encontro deste tipo “supón unha chea de horas e días adicadas a materializar todas as ideas que temos e que as propies participantes nos aportan”.
Neste senso indicou que, a pesar de que aínda non se abriu oficialmente o prazo para participar, a organización xa conta con persoas de Galicia e Asturias interesadas en acudir a palillar en vivo nesta cita que por cuarto ano consecutivo se desenvolverá no pavillón municipal de Deportes.
CURSOS
A edil cervense anunciou tamén que o vindeiro mes de novembro darán comezo unha serie de cursos nas localidades de Cervo e San Ciprián co obxecto de promover a técnica do tecido do encaixe de palillos entre os veciños do municipio. Os cursos serán impartidos por Modesta Lombardero e a súa duración será de dúas horas á semana durante sete meses. Desenvolveranse os luns en Cervo e os mércores en San Ciprián e serán gratuítos e abertos a toda a xente sen límite de idade nin sexo.
Os interesados en participar nos cursos deberán formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura de san Ciprián en horario de oficina.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



