Nota de prensa
Jesús Novo solicita a intervención do Xulgado e da Fiscalía contra a “trama” orquestada para atentar contra a súa imaxe
O Vicedo, 12/11/10.- Jesús Novo levará ós xulgados ós xornalistas, á revista Interviú e tamén a Rita Angelina Signorotto pola montaxe de fotos, a falsedade nas afirmacións e os fins espurios que hai detrás da información publicada pola mencionada revista.
Novo considera que hai unha clara manipulación das fotografías e dos textos publicados coa clara intención de intimidalo para que modifique a súa actitude procesal. Os seus avogados consideran que desta situación pode derivarse que Rita Angelina sexa considerada autora dun delito de obstrucción á xustiza, segundo o artigo 464 do Código Penal, e asimesmo que haxa base legal para demandar á revista Interviú e o seu xornalista ó considerar que se vulnerou o seu honor e imaxe.
Jesús Novo reitera que nunca estivo imputado nin compareceu como testigo no proceso aberto sobre a denominada Operación Carioca, polo que dirixirase ó xulgado que instrúe este proceso para que informe ou testimonie sobre tales extremos. Nega asimesmo a celebración de ningún tipo de festa no barco ó que tamén se alude na información.
Novo sospeita que destrás da publicación do aludido artigo, que non dubida en calificar de montaxe, pode haber outras persoas que están actuando na sombra con fins políticos. Por todo elo, entende que os Tribunais de Xustiza deben esclarecer con toda a uxencia posible esta situación e, en tal sentido, xa deu instruccións ós seus avogados para que leven a cabo as actuación que sexan pertinentes co fin de protexer e defender ós seus dereitos, a súa imaxe e o seu honor.

















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



