Nota de prensa
O BNG DE FOZ INICIA A CAMPAÑA “FOZ NON SE MERECE ISTO” PARA DENUNCIAR O ABANDONO DO CONCELLO
“Faise pensando que Foz necesita un goberno que coide do Concello”
Foz, a 4 de decembro de 2010.- O BNG iniciou este sábado unha campaña para denunciar o abandono do Concello por parte do Goberno Municipal que está chegando a unha situación de emerxencia en moitos aspectos.
A campaña ven motivada fundamentalmente, como di o portavoz municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta, porque o pobo de Foz atópase nestes momentos cun grupo de goberno totalmente afastado das demandas veciñais á hora de resolver os múltiples problemas que Foz ten e que fai oídos xordos das continuas advertencias sobre o mal estado do pobo.“O alcalde debe reaccionar xa e actuar para mellorar a imaxe actual de Foz. Non se pode pedir a colaboración dos veciños cando o goberno é o primeiro que non cumpre co seu deber” afirma Basanta.
A campaña do BNG “Foz non se merece isto” desenvolverase ao longo do mes de decembro e consiste na colocación de pegatinas con ese lema naqueles lugares onde se observe unha falta de actuación grave do goberno municipal. Os primeiros lugares onde se colocaron as pegatinas foi nos aparcadoiros habilitados no centro urbano en solares sen urbanizar e que se atopan nun estado lamentable dando unha imaxe penosa do pobo. Nesa situación están os aparcadoiros en pleno centro urbano do antigo cine na Avenida da Mariña -cheo de fochancas e cunhas vallas metálicas perigosas para os peóns-, o da Avenida Álvaro Cunqueiro ou da Rúa Paco Maañón. nunhas condicións similares. Tamén se colocou unha gran pegatina na urbanización abandonada da Rúa de Lugo, co valado caído e coas beirarrúas intransitables, fronte á Casa de Cultura.
Pero nos próximos días, o BNG anuncia que continuará coa campaña denunciando os pasos de peóns (perigosos e ilegais), o estado das urbanizacións paralizadas, os farois coas caixas eléctricas abertas co perigo que isto leva consigo, as marquesiñas rotas, os excrementos dos cans polas rúas, as baldosas rotas ou soltas das beirarrúas, a falta de limpeza do pobo, o mobiliario urbano en malas condicións, os contenedores sen limpar e sen suxeción, a limpeza das pistas nas parroquias, o estado da pista de skateboard e das pistas polideportivas das parroquias, o mal funcionamento do alumeado público, etc., etc, etc. Todo isto é un exemplo da situación dun pobo que merece moito máis por parte dos que gobernan o Concello e que “hai que sacarlle as cores, pois tristemente é a única forma de que actúen pois todas estas situacións xa foron sacadas á luz en múltiples ocasións”, comenta de forma contundente Basanta.
Así mesmo, se algún veciño ten algunha denuncia en particular que facer ou que xa lla comunicara ao Concello sen que este fixera nada pode dirixirse ao BNG para facela pública e poñer a correspondente pegatina no lugar en cuestión. Hai que dicir que unha vez que estas denuncias sexan tomadas en serio polo alcalde e se solucionen, entón será o propio BNG quen retirará a pegatina.
Esperamos pois que agora o goberno municipal tome boa nota e vaia solucionando cada unha das situacións denunciadas. Só así demostrará que está pola labor e non seguir como ata agora “pasando de todo”. Desde o BNG só queremos que Foz mellore porque cremos que Foz merece máis en canto a funcionamento dos servizos e en canto ao coidado xeral.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



