Nota de prensa
O Partido Popular de A Pontenova apoia a iniciativa popular de que a nova ponte que vai substituír a recentemente derrubada sobre o Río Eo teña dobre sentido de circulación.
O Partido Popular de A Pontenova insta ao goberno municipal de A Pontenova a “loitar” para conseguir que a nova ponte que se vai a construír en substitución da recentemente derrubada teña dobre sentido de circulación, aínda que só sexa para vehículos lixeiros. A PP de A Pontenova pensa que do contrario o pobo de A Pontenova vai a quedar irremediablemente dividido en dous diferentes, ademais do perxuizo que isto pode producir no comercio local.
Consideramos que aínda que o Proxecto non o contemple debemos loitar por un dobre sentido de circulación nesa ponte xa que realmente o proxecto final en pouco se parece ao proxecto inicial, polo que, si xa o goberno municipal socialista o modificou tantas veces, que non se escude agora no Partido Popular nin en ningunha outra excusa para eludir o que é exclusivamente responsabilidade súa. Entón, desde o PP facemonos unha pregunta, por que non se pode modificar unha vez máis e manter unha ponte de dobre sentido de circulación onde estaba a antiga? Para elo non se poden esgrimir razóns económicas, xa que o proxecto total foi adxudicado en máis dun millón de euros menos do precio de saída e, nos tempos nos que estamos, supoño que tampouco se poderá xustificar por razóns técnicas. Cada quen que saque as súas conclusións.









A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



