Nota de prensa:
2 de decembro de 2010. A resolución do concurso eólico -a día de hoxe aínda non oficial- trouxo non poucas sorpresas, non tanto relacionadas co reparto dos Mw (GN-Fenosa, tabeiróns da especulación enerxética e empresas amigas), como cos “proxectos asociados”, quer a planta de tratamento de refugallos que apresentou Estela Eólica. Precisamente, un dos maiores problemas do novo Plano de Residuos é ubicar esta “SOGAMA do sur” e conquerir o financiamento privado para a incineradora (230 millóns de €), a metade de todo custo do PXRUG. Máis á vista dos resultados do concurso eólico, a Xunta resolve dun “decretazo” dous problemas: financiar a incineradora do sur (Estela Eólica estaría obrigada a facela a cambio dos Mw e non podería capitalizar o investimento) saltándose o concurso público para a adxudicación da infraestrutura e privatizar definitivamente a xestión dos RSUs, un negocio ruinoso para a Xunta.
A folla de ruta do novo PXRUG ten outra fita este mes de decembro. Segundo o conselleiro Hernández, o plano estará aprobado denantes de fin de ano e deberá ter en conta a proposta de infraestrutura de “tratamento” presentada por Estela Eólica, que estará con toda seguridade baseada na incineración.
A este respeito, na estratexia da Xunta hai dúas importantes eivas. A primeira, a derivada da conflitividade social e conseguinte erosión eleitoral (municipais en 2011) que seguramente provocará unha incineradora para 900.000 Tm ano no sur de Galiza. E a segunda é a temporalización: a incineradora prevese que esté operativa en 2014, mais tendo en conta que a construción -supoñendo que a licitación sexa en 2011- demorarase uns 2-3 anos, que a empresa quererá ingresar algún rendemento polos seus novos parques eólicos denantes de desembolsar 230 millóns de €, e que en 2013 hai eleccións galegas, o máis probábel é que non chegue a construirse en prazo.
Á Xunta tanto lle ten: dispón dun “colchón” de 2-3 anos, alongábel a discreción, logo da recente ampliación do vertedoiro da Areosa, en Cerceda, no que seguir amoreando lixo sen tratar durante o tempo que faga falla. A Xunta de Feijóo so quere cumprir o expediente fronte a Europa, dándose por satisfeita co “recrecido” do vertedoiro: máis lixo enriba do lixo, e tiramos até as eleccións de 2013.
Por iso, tanto as infraestruturas do propio PXRUG como os investimentos vencellados á resolución do concurso eólico son virtuais: os primeiros non se chegarán a executar nesta lexislatura, e os segundos nunca o farán. Aí están os ridículos investimentos asociados ao desenvolvemento eólico durante a era Fraga. Básicamente as empresas adicáronse a aplicar a estratexia de “colle os cartos e corre”, fuxindo dos seus compromisos de criar portos de traballo através de planos industriais asociados (ver o estudo do economista da U. de Vigo Xabier Simón “Plans eólicos empresariais no sector eólico galego”).
Con estas novas adxudicacións nada nos fai pensar que acontecerá algo diferente. Ao obxectivo heroico de criar 13266 postos de traballo que segundo o conselleiro de Industria traerá da man o reparto eólico, haille que aplicar o correctivo da realidade. E os datos apontan a que no país, os postos de traballo criados polo sector eólico (aos que hoxe hai que restar os 268 empregos perdidos polo peche da fatoría de GAMESA n’As Somozas), son ben distintos das entusiastas previsións feitas polo conselleiro. Nunha recente tese de doutoramento, “Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais” elaborada na USC por Rosa María Regueiro Ferreira baixo a dirección do Prof. Xoán Doldán, ex-director do INEGA, apóntase que “para o período 1995-2009 para Galicia, as actividades de operación e mantemento xeraron un mínimo de 417 empregos e un máximo de 633 de tipo neto. [ ] Para o mesmo período, e en relación ás actividades de construción do parque eólico, as cifras oscilarían entre 8.555 e 10.281 empregos, que consideraríamos brutos, dado o gran nivel de rotación existente neste tipo de actividades.”
O concurso eólico é portanto outro instrumento de propaganda (con incineradora apegada) ao servizo da Xunta para camuflar a enaxenación dos nosos recursos naturais aos tabeiróns da especulación enerxética. Trátase simplemente de privatizar o vento e os refugallos coartando calquera posibilidade de desenvolvemento socialmente xusto e ambientalmente sustentábel.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



