A mostra poderá verse na Sala de Exposicións e nos museos da Rede Provincial ata o 30 de outubro
Lugo, 2 de setembro de 2026. Esta tarde inaugurouse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o proxecto expositivo “500 mulleres na arte” da artista e investigadora Concha Mayordomo.
A mostra reúne medio milleiro de debuxos de artistas, teóricas, mecenas e xestoras vinculadas ao mundo da arte de España, Portugal e países americanos de fala hispana e lusófona de distintas etapas históricas, desde o Barroco ata a contemporaneidade. Os debuxos, primeiros planos feitos a lapis a partir de retratos pictóricos ou fotográficos, preséntase con cadanseu código QR con acceso a reseñas biográficas das protagonistas.
O proxecto, que combina creación plástica e investigación, constitúe unha achega historiográfica orientada a contribuír á corrección do nesgo de xénero no ámbito das Belas Artes, así como á recuperación da memoria de creadoras que, tras acadar recoñecemento na súa época, foron omitidas polos canons académicos tradicionais.
A mostra artéllase en bloques, distribuídos nos distintos espazos expositivos da Rede Museística Provincial. A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a maioría dos retratos – 456 –; no Museo Provincial de Lugo, móstranse os debuxos das mulleres galegas incluídas na mostra ; en San Paio de Narla, poden verse 8 retratos de mulleres do Medievo e do Renacemento; no Pazo de Tor, móstranse 7 debuxos de mulleres do Barroco e da Ilustración; e no Museo do Mar, 9, de artistas da Xeración do 27, Las Sinsombrero.
Iria Castro destacou a longa traxectoria de Concha Mayordomo na documentación e catalogación das mulleres no mundo da arte, con proxectos como o blogue Mujeres en el arte, que reúne máis de 1500 reseñas biográficas de artistas e mulleres vencelladas á arte” e agradeceu “que adapte ese proxecto aos museos provinciais e a esta estrutura en Rede que nos permite achegar a arte e a cultura a todo o territorio e que este ano cumpre dúas décadas de actividade”.
Concha Mayordomo destacou na súa intervención o valor “pedagóxico” do proxecto, que busca dar visibilidade a artistas relegadas na historia da arte e contribuír á corrección do nesgo de xénero neste ámbito. A investigadora lamentou que “as mulleres artistas, mecenas ou xestoras seguen relegadas dos libros de texto”, especialmente sinalou, en España fronte a Francia ou Italia onde as creadoras foron máis estudadas e reivindicadas”.
“500 Mulleres na arte” poderá verse na Sala de Exposicións e nos museos da Rede Provincial ata o 30 de outubro. Dous meses nos que, ademais de estar aberta ao público xeral, se ofrecerá como recurso para actividades programadas de centros educativos, dentro do programa de actividades didácticas da Rede Museística Provincial.
A exposición, que se insire no programa de actividades conmemorativas do 20º aniversario da Rede Museística. afonda no compromiso institucional co apoio á creación artística feminina.





















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



