Nota de prensa:
Socialistas e nacionalistas cada día que pasa están a perder os seus argumentos mentirosos para atacar a xestión do SERGAS: nin vai pechar o hospital, nin se incrementan os traslados a outros centros, e hoxe se atende a máis pacientes en actividade ordinaria
O GRUPO POPULAR FELICITA Á XERENCIA E A TODO O CONXUNTO DO PERSOAL DO HOSPITAL DA COSTA POLAS MELLORAS ACADADAS EN MATERIA DE ASISTENCIA SANITARIA
o Os datos oficiais a 31 de decembro de 2010 sitúan ao centro hospitalario mariñán moito por riba dos obxectivos autonómicos e estatais en canto a atención de prioridades sanitarias, convérteo nun dos tres mellores de Galicia por rendimento cirúrxico e reduce en 28 días a lista de espera en consultas.
o Balseiro empraza a Rego a deixar de mentir en materia sanitaria e a reclamar o cese da Ministra socialista, Leire Pajín, xa que o Hospital da Costa esta moi por encima dos obxectivos marcados polo Goberno central
A Mariña, 22 de xaneiro de 2011.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, quixo felicitar á xerencia e ao conxunto do persoal que traballa no Hospital da Costa polas melloras acadadas en matería de asistencia sanitaria, segundo reflicten os datos oficiais feitos públicos nos pasados días polo SERGAS. O deputado popular subliña que este avance na actividade do centro hospitalario mariñán é un logro “colectivo” froito do traballo do actual equipo directivo e “cómpre insistir tamén” do compromiso dos seus profesionais, desde persoal sanitario, ata o último traballador/a do centro, celadores, persoal de limpeza… etc.
Balseiro lembra que con esta liña de mellora “vaise na boa dirección”, solucionando así moitos dos problemas cos que nos atopamos no pasado, despois de catro anos dun goberno bipartito que nada fixo polo hospital, salvo negarlle a asistencia sanitaria a máis de 1.400 pacientes cuias citas estaban agochadas nun caixón”
Os populares salientan algún dos datos coñecidos no día de onte como por exemplo que o Hospital da Costa volve a situarse nun dos tres mellores centros sanitarios de Galicia por rendimento cirúrxico, unha ratio que se está no 76,7%, ou tamén a redución en 28 días do tempo medio de espera dos pacientes para acudir á súa consulta cos especialistas, “son unha mostra evidente de que comezamos a superar os problemas herdados do bipartito, ademais incrementando o cadro de persoal, as dotacións tecnolóxicas, e executando obras que eles anunciaron miles de veces pero que tivo que ser un Goberno do PP quen as puxera en marcha, como é o caso da nova área de maternidade”.
DE TER QUE DIMITIR, QUE DIMITA A MINISTRA
O deputado popular insiste en que os datos oficiais a 31 de decembro de 2010 sitúan ao centro hospitalario mariñán moito por riba dos obxectivos autonómicos e estatais. “Polo tanto se o señor Rego critica ao Hospital da Costa terá que comezar por reclamar a dimisión non dos xestores do SERGAS senón da Ministra socialista de Sanidade, Leira Pajín, que para o conxunto do Estado establece unhas ratios moito peores das que se están a dar no Hospital da Costa”.
Afondando nesta cuestión Balseiro indicou que mentres que o Ministerio pide que os pacientes con prioridade 1 (aqueles cuxa problemática de saúde implica risco vital ) non superen a media de 30 días de espera, no Hospital da Costa a media de demora nesta prioridade 1 é tan só de 10 días. No caso dos pacientes de prioridade 2, (nos que a enfermidade é un condicionante importante para a súa saúde) o Ministerio esixe que a demora non vaia máis alá dos 80 días, e no Hospital da Costa está moito por debaixo, xa que é de 54,5 días de media. No tocante aos pacientes de prioridade 3 (nos que a enfermidade condiciona a súa calidade de vida) o Ministerio pide que non se superen os 180 días de espera, e o Hospital da Costa ten unha media de 95,4 dias de demora, tamén inferior á reclamada pola Ministra. En consecuencia, as críticas do PSOE deben ser “coherentes” xa que desde Madrid piden cousas distintas que aquí en Burela.
DISCURSO DO BIPARTITO: CADA VEZ MÁIS FEBLE
Balseiro insiste en que con cada día que pasa “socialistas e nacionalistas perden os seus argumentos máis mentirosos” para atacar a xestión do SERGAS. “Nin se vai a pechar o hospital –tal e como algún sigue dicindo por ahí faltando gravemente á verdade e a honestidade-, nin se incrementan os traslados a outros centros –hoxe máis do 90% dos pacientes son atendidos no Hospital da Costa unha ratio moito superior á que tiña o bipartito-.
O HOSPITAL RESOLVE MÁIS EN XORNADA ORDINARIA
Os populares esperan que o PSOE abandone esta estratexia temeraria e imprudente que pasa por insultar e poñer en cuestión a honestidade e profesionalidade dos médicos, para deste xeito xogar á política contra o SERGAS. De feito unho dos datos coñecidos é precisamente que hoxe o Hospital gasta moito menos en autoconcertación que o facía en tempos do bipartito e ademais resolve moitos máis casos en xornada ordinaria
O deputado popular sinala ademais o avance en materia de atención en xornada ordinaria que increméntase nun 18% respecto da actividade cirúrxica –cando a media galega é dun incremento do 7%- e sube máis dun 10% a actividade ordinaria para pacientes que acuden por primeira vez ao Hospital a petición dos seus médicos de atención primaria.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



