Nota de prensa
Política de residuos de Feijóo: lixo clandestino de SOGAMA, para rechear canteiras ilegais
Compostela, 9 de febreiro de 2011. O Plano de Residuos de Feijóo amosa novamente a súa verdadeira faciana. Perante a incapacidade de SOGAMA para tratar o lixo que chega a Cerceda e a imposibilidade de ter en marcha a segunda incineradora nesta lexislatura, a solución do PP é sinxela: facer máis vertedoiros e agrandar os existentes. Nesta liña vai a recente ampliación do vertedoiro da Areosa, en Cerceda, e a manchea de proxectos de vertedoiros camuflados como “restauración de canteiras”, quer o da parroquia de Camanzo, en Vila de Cruces, con capacidade para 95.000 T/ano. Dase a circunstancia de que esta canteira foi declarada ilegal polo TSXG e o proxecto de recheo con lixo carece de Avaliación de Impacto Ambiental. Esta é a cara “B” de SOGAMA, que Hernández e Feijóo teiman en defender: megawatios para os amigos a cambio de incineradoras, agasallos ás canteiras ilegais para o lucrativo negocio de “restaurar” con lixo, mentres segue a mederar o monstruoso vertedoiro de Cerceda. [pdf] Alegacións_CANTEIRA_CAMANZO (41 Kb)
Veciños da parroquia de Camanzo (Vila de Cruces) e ADEGA presentarán este día 9 no concello cerca de 200 alegacións en contra do vertedoiro que a empresa “MÁRMOLES DE PUENTE LEDESMA S.L.,” coa escusa de restaurar un espazo afectado pola actividade mineira, quere levar a cabo no oco dunha canteira que a empresa mantivo en explotación dende os anos 70 ata febreiro de 1.994 en que foi paralizada por orde xudicial.
Para ADEGA e para os veciños de Camanzo resulta totalmente inaceptable que unha restauración que a empresa está obrigada a acometer se poida converter agora nunha nova actividade lucrativa (durante 15 ou 25 anos) en beneficio, ademais, da mesma empresa a quen durante máis de 20 anos se lle consentiu lucrarse dunha actividade ilegal. A obriga de restauración da canteira vén determinada por tratarse dunha actividade exercida de forma ilegal e tamén por disposición da lexislación mineira, que non permite o outorgamento de autorización algunha sen previamente ter aprobado o correspondente Plan de Restauración.
A este respecto, as alegacións insisten en que a lexislación da minaría dispón claramente que a restauración de espazos afectados polas actividades mineiras ten que estar garantida pola propia explotación mineira a través do correspondente Plan de Restauración (como xa se dixo) e do depósito da suficiente garantía financeira a disposición da Administración a fin de que esta, ante calquera incumprimento por parte da entidade explotadora, poida asumir a súa execución.
Ao mesmo tempo, ADEGA e os veciños alegan que resulta totalmente inaceptable que a restauración da canteira poida realizarse con residuos que nada teñen que ver cunha actividade mineira. Por moito que dende o Concello se diga que só se van a admitir residuos inertes, os veciños saben ben que, para poder ser unha actividade lucrativa, a este vertedoiro só van a chegar aqueles residuos de difícil eliminación e tratamento. Así o recoñece o mesmo proxecto no seu catálogo de residuos susceptíbeis de ser admitidos no vertedoiro.
Os veciños e veciñas de Camanzo rexeitan ter ao lado das súas casas un vertedoiro de residuos orgánicos e de lodos de todo tipo como os procedentes da industria do coiro e téxtil, do refino do petróleo, do tratamento de plásticos, do filtrado de gases, de depuradoras, etc. e con maior razón cando o oco da canteira está rodeada de abundantes mananciais de auga, ao lado mesmo dunha explotación de agricultura ecolóxica e sobre un solo de protección agropecuaria (cunha concentración parcelaria recentemente acabada na que a Xunta ven de gastar case que 3 millóns de euros no acondicionamento de fincas e camiños).
Por outra banda, as alegacións lembran á Xunta que a restauración dun espazo afectado por explotacións mineiras é unha competencia de Minas e que a Consellería de Ordenación do Territorio pode cometer quebranto de sentenza e fraude de Lei ao facer pasar como Plan de Restauración dunha canteira ilegal o que non é máis que unha nova actividade lucrativa.
Por todo o dito, o escrito de alegacións, -despois de advertir que non se someteu a información pública ningún Estudo de Impacto Ambiental-, acaba solicitando o rexeitamento do proxecto por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e que, en todo caso, se devolva a competencia administrativa á Administración de Minas a fin de que esta, en aplicación da legalidade vixente e en cumprimento da sentenza de paralización, esixa á empresa “MARMOLES DE PUENTELEDESMA, S.L.” a restauración do oco da canteira e a devolución aos seus propietarios das terras indebida e ilegalmente ocupadas.










A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



