Nota de prensa:
O PP afirma que Burela deberá devolver 522.000’00€ ó Goberno de Zapatero.
Correspóndense co exceso de aportación do ano 2009.
Entre 2008 e 2009, Burela tén que devolver cento quince millóns de pesetas.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela considera que o goberno de Zapatero debe anular o cando menos retrasar as devolucións que os concellos teñen que facer das aportacións que o Goberno, pola súa falla de previsión, enviou de máis ós concellos en 2008 e en 2009. Os populares piden que cando menos, se retrase esa devolución das liquidacións hasta que a economía medre como mínimo un dous por cento, e polo tanto poidan aumentar os ingresos directos dos concellos.
Os populares veñen de presentar unha moción no concello neste senso, porque están preocupados coa situación económica do concello, dado que Burela deberá devolver 172.000’00€ correspondentes a 2008, pero esa devolución será de 520.000’00€ referida ó ano 2009, en total 692.000’00€, algo máis de cento quince millóns das antigas pesetas, que equivale a todo o que se gastou en gastos diversos, feitos sen ningún control político, en 2009. Desde o PP recoñecen que este ano aumenta a participación do concello nos tributos do estado, pero eso traerá consigo que, de non cumplirse os ingresos previstos, cando se liquide o ano 2011 tamén haberá que devolver cartos. En definitiva, pode ser pan para hoxe e fame para mañán.
Esta situación vai traer inevitablemente problemas económicos para o concello, porque Zapatero e o PSOE néganse a aplazar a devolución deses cartos, e ainda que se devolven mes a mes, o certo é que en xaneiro Burela xa comenzou a devolver o do ano 2008, pola sinxela razón de que percibe menos do que o goberno lle comunicou.
Polo tanto, os populares entenden que a corporación debe estar unida para defender os intereses do conxunto dos veciños, porque esta merma de ingresos repercute no conxunto da cidadanía.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



