Nota de prensa
O Goberno recoñece que dous tramos da A-8 carecen de proxecto de obras e que non hai data para o inicio das mesmas.
O BNG afirma que os tramos Mondoñedo-Lindín e Lindín-Candia
non estarán listos antes de 2016.
O Bloque Nacionalista Galego deu conta dunha resposta do Goberno do Estado a unha iniciativa da súa representación no Congreso dos Deputados onde solicitaba información sobre os prazos que manexaba o Ministerio de Fomento para poñer en funcionamento a Autovía do Cantábrico. Segundo se recolle nesta resposta de 12 de xaneiro de 2011 os responsábeis de Fomento anuncian que teñen previsto a entrada en funcionamento dos tramos Barreiros – Vilamar, Vilamar – Lourenzá ,na zona da Mariña, e dos tramos Carreira-Abadín e Touzas-Vilalba, na zona da Terra-Chá a principios de 2011. asemade segundo o Goberno do Estado ten previsto a entrada en funcionamento do tramo Lourenzá-Mondoñedo a finais de 2011 adiando para un remate sen data os tramos Mondoñedo – Lindín e Lindín – Carreira.
Segundo Xoán Estúa, Vice-responsábel comarcal do BNG “se ben non é este o momento de volver a lembrar os incumprimentos do Ministerio de Fomento que prometera que todos os tramos da A-8 estarían en funcionamento en 2007, non deixa de ser curioso, que os únicos tramos que se van abrir ao tráfico en 2011 correspóndense con aqueles que se sitúan nas zonas xeográficas onde a execución das obras é máis doada. Aínda así queremos reparar que o tramo de Lourenzá-Mondoñedo, cuxa apertura se anuncia para finais de 2011 non terá ningún tipo de utilidade para a circulación viaria posto que ate que non se abra o Mondoñedo – Lindín non se poderá utilizar”. O portavoz nacionalista ao tempo que “destacou que unha vez abertos os tramos que se anuncian para 2011 estará en funcionamento 71 KM da A-8 en Galiza a súa función que sería de articular parte da área norte da Mariña co resto do estado fica sen cumprir, e o que é máis grave, cando falamos dun vía que pretende substituír e agrupar parte do tráfico da N-634, estrada que nos seus tramos lucenses, como ben ten recoñecido de xeito reiterado o Goberno do estado, acumula a maior intensidade de puntos negros da rede viaria e estatal e que coa coartada da entrada en vigor A-8 carece dun mínimo de mantemento o que a converte a día de hoxe nunha vía impracticábel na case totalidade dos seus tramos. Ë necesario que o Goberno do estado acometa con urxencia obras de mellora e mantemento na N-634 posto que cada día que pasa vólvese máis perigosa”.
O Vice-Responsábel Comarcal do BNG deu conta tamén que na súa resposta “o Ministerio de Fomento adía sine die a entrada en funcionamento dos tramos da A-8 entre Mondoñedo – Lindín e Lindín – Candia, isto é 15,5KM de Autovía que se corresponde coas áreas de máis complexidade técnica, tramos que segundo o Goberno do Estado atópanse actualmente en fase de modificación de proxecto, sen que a día de hoxe se teña aprobado por parte do Ministerio o proxecto definitivo dos mesmos”. Neste sentido Estúa alertou que “ se a esta altura carecemos de proxecto para estes dous tramos, se a isto lle engadimos que son os dous tramos de máis dificultade técnica en termos de execución, se consideramos a maiores que se concitan aquí as actuacións que máis diñeiro requiren(case a metade de todos os tramos galegos) e se temos en conta que Fomento sempre falou dun mínimo de tres anos para concluír as obras dos mesmos e para poñerse a tremer, posto que estamos a falar no mellor dos casos do 2015. Semella á vista da contestación ministerial que aos mariñaos e mariñás aínda nos queda moito tempo de sufrir as curvas entre Mondoñedo e a Xesta “. O dirixente nacionalista recalcou que “o BNG vai volver a interpelar sobre o asunto ao Goberno, posto nos non damos por boa unha resposta que se limita a dicirnos que se está a modificar un proxecto de obra, pero que non nos fale, nin de datas de remate do proxecto, nin de datas de inicio das obras, nin tampouco do momento da súa finalización. Pero tamén queremos saber o que é un rumor a voces na Comarca e suxerido no seu momento polo Ministro Blanco se o Goberno ten pensado establecer nalgúns destes dous tramos unha peaxe, algo que desde ningún punto de vista sería tolerábel”.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



