Ribadeo, 15 de marzo, 2026. O investigador Héitor Picallo, autor de numerosos estudos sobre a historia do Reino de Galiza —moitos deles publicados no diario Nós— achegou unha visión máis detallada da figura de dona Urraca, coñecida como totius Gallecie Imperatrix.
As crónicas da súa época presentábana a miúdo como unha muller sometida aos designios do seu pai ou dos seus maridos; ás veces era descrita como vítima das circunstancias e outras como unha figura inestábel. Porén, tal e como explicou Picallo, dona Urraca tivo un papel decisivo nun momento histórico no que Galiza vivía entre dous mundos: por unha banda, asistía á súa fragmentación definitiva en catro reinos —Castela, León, Galiza e Portugal— e, pola outra, experimentaba un dos períodos de maior esplendor sociocultural e relixioso, a coñecida Era Compostelá.
Tras a conferencia, quedou patente que dona Urraca foi unha muller que loitou con firmeza por defender a súa posición política nun taboleiro de xogo hispánico reservado case exclusivamente aos homes. Filla do seu tempo, exerceu o poder con determinación e tratou de superar os constantes atrancos que a Igrexa compostelá lle impuña.
Desde a Agrupación Cultural Francisco Lanza maniféstase a vontade de continuar afondando na historia propia, con especial atención á Idade Media, etapa na que Galiza foi un reino plenamente recoñecido, por moito que certa historiografía aínda hoxe pretenda negalo.
Devagar pero con constancia, a entidade aspira a que a sociedade galega asuma con naturalidade esta realidade histórica, avalada por arquivos de toda Europa e que, tarde ou cedo, tamén deberá ser recoñecida máis alá do Padornelo.






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



