A Comunidade de Montes de Burela denunciou o “deplorable estado de abandono” da área recreativa do Monte Castelo, asegura o PP
NOTA DE PRENSA
O GMPP asegura que o alcalde non se preocupou en catro anos da área recreativa do Monte Castelo.
* Os populares afirman que a Comunidade de Montes denunciou por escrito o “cada vez máis deplorable estado de abandono” do recinto.
* Esíxenlle ó bipartito que actúe inmediatamente para parar o deterioro da zona.
Burela, 17 de marzo de 2011.- O Grupo Municipal Popular (GMPP) denunciou hoxe que o alcalde leva catro anos esquecendo de forma absoluta as obrigas que son competencia do concello en materia de limpeza e mantemento da área recreativa do Monte Castelo: “en catro anos só se preocupou de ir ó Monte Castelo de festa, pero para nada se preocupou do seu mantemento, limpeza e conservación”.
Os populares aseguran que a Comunidade de Montes de Burela, “ante o cada vez máis deplorable estado de abandono que presenta a área recreativa”, presentou o pasado vinte de xaneiro un escrito no concello, que tén o número 312 de rexistro de entrada, no que recollen un acordo adoptado pola Asamblea Xeral da Comunidade celebrada o 26 de novembro de 2010, no que denuncian unha serie de deficiencias, entre as que resaltan a “falla de limpeza e desbroce de maleza; a falla de reposición de elementos danados por actos vandálicos; a falla de mantemento adecuado como barnizado dos elementos de madeira, conservación-reposición dos de pedra, etc.; e a falla de recollida e encauzamento de augas pluviais que invaden diversas zonas da área recreativa”.
O PP mantivo unha reunión a mediados do mes de febreiro co presidente e directivos da Comunidade de Montes, e puido constatar a preocupación da asociación polo estado da área recreativa, hasta o punto de que no indicado escrito fan mención a que “se en breve prazo de tempo, por parte do concello de Burela, non se procede a solucionar as deficiencias antes relacionadas, habería que proceder entón á rescisión do convenio” (asinado no seu día para a construcción da área recreativa).
Desde o GMPP consideran esta situación como “mui grave”, porque a área recreativa custou traballo e cartos (sesenta millóns das antigas pesetas) sacala adiante (foi realizada durante o terceiro goberno da Xunta presidida por Manuel Fraga, sendo conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Alamo, en 2001). Ademáis, os populares constatan que a área recreativa é un dos reclamos turísticos de Burela, cun bon número de visitantes durante todo o ano. E por riba de todo, cómpre resaltar, indican desde o GMPP, que tanto PSOE coma BNG fartáronse de criticar ó goberno municipal do PP en 2006 e 2007 polo escaso cuidado que, segundo eles, tiña o PP coa área recreativa. Pero o certo é que en 2007 se lle deu a todos os elementos de madeira un tratamento de conservación, tratamento que nestes últimos catro anos brilou pola súa ausencia. PSOEe BNG deberon constatar agora que non é o mesmo predicar ca dar trigo.
Os populares lembran que “esta non é a primeira vez que o PP denuncia a falla de preocupación do alcalde e do bipartito pola área recreativa, pero sí é a primeira vez que a Comunidade de Montes pón por escrito as súas demandas”.
Polo tanto, din desde o PP, “pedímoslle ó alcalde que actúe de inmediato, para deter o proceso de deterioro que está a sufrir o recinto, porque desde a data de presentación do escrito por parte da Comunidade de Montes nada se fixo. E agora, a dous meses das eleccións, en campaña electoral, calquera actuación non sería creible e só demostraría a inoperancia dos últimos catro anos.