Nota de prensa
A Deputación atende 2.000 consultas municipais ó ano aforrando custes ós Concellos
– Besteiro fixo este balance durante a xornada “Elección e Constitución das Corporacións Locais. O Rexistro de Intereses” que impartiu o Letrado das Cortes Xerais, Enrique Acubilla
– O organismo provincial descentralizou o departamento de Cooperación desprazando os técnicos ós municipios, e ofrecendo servizos que evitan custes de ata 100.000 euros
– O Presidente avanza a posta en marcha na web www.deputacionlugo.org da guía electoral práctica que resolve de xeito sinxelo dúbidas sobre o proceso electoral ó persoal local
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixo este xoves un balance da actividade da área de Cooperación cos Concellos, e avanzou que o departamento do organismo provincial atende ó ano 2.000 consultas dos 66 Concellos lucenses –agás o da capital que xa ten este servizo- aforrando numerosos custes ás arcas municipais. Gómez Besteiro fixo este anuncio durante a xornada “Elección e Constitución das Corporacións Locais. O Rexistro de Intereses” que acolleu o Salón de Actos do Pazo de San Marcos. “Esta iniciativa é un exemplo máis do traballo en Rede en substitución do eu que instaurou esta Deputación. Estamos a facer un importante esforzo na cooperacións cos Concellos por iso, ó igual prestamos servizo en materia de recursos humanos, finanzas, económicas…, organizamos esta xornada para tratar un tema de máxima actualidade”, subliñou.
Esta Deputación creou primeiro o servizo de Cooperación cos Concellos que agora, logrou descentralizar do Pazo de San Marcos, desprazando ós técnicos provinciais ós municipios, e ofrecendo asesoramento in situ e personalizado a todas as Administracións locais que o soliciten. Os traballadores da Deputación realizan plans integrais de ordenación de persoal, de funcionarización, de consolidación ou de oferta de emprego, evitando que os Concellos teñan que recorrer a unha empresa privada. Por exemplo, só coa elaboración dunha relación de postos de traballos, a Deputación aforrar unha media de 50.000 euros ós municipios. Para un Concello coma Sarria, esta cantidade pode ascender ós 100.000 euros mentres, para o de Muras, este custe redúcese á metade. A maiores, a área de Cooperación resolve dúbidas xurídicas, económico-financieiras ou de recursos humanos sobre diferentes contidos tales como urbanismo, responsabilidade patrimonial, seguridade social, contabilidade, orzamentos municipais… Agora, debido á responsabilidade que os traballadores da administración adquirirán durante o vindeiro proceso electoral, a Deputación organiza esta xornada, e pon en marcha novas aplicacións.
Guía electoral práctica
O titular provincial avanzou que a Deputación activou este xoves a guía electoral práctica que poderán empregar os traballadores das administracións lucenses durante o proceso electoral. Trátase dunha ferramenta informática que está activa na web www.deputacionlugo.org, concretamente na área de cooperación cos Concellos. O persoal municipal pode acceder a este espazo mediante nome de usuario e clave onde, de xeito sinxelo, didáctico e claro se abordan todas as cuestións que poidan xurdir na preparación, convocatoria e desenvolvemento do proceso electoral do 22-M. Esta pioneira iniciativa, actualizarase puntualmente ante calquera modificación das normativas electorais. Deste xeito, incorpora varios links nos que se pode acceder a unha enciclopedia electoral que resolve as dúbidas sobre conceptos e fases do proceso; ó código electoral que inclúe a selección da normativa reguladora dos procesos electorais (Europeo, Estatal, Autonómico e Local); ós informes e acordos da Xunta Electoral Central recopilados, ordenados e organizados por materiais; á xurisprudencia electoral, etc.
100 participantes
100 traballadores e xestores locais participaron na pioneira xornada na provincia “Elección e Constitución das Corporacións Locais. O Rexistro de Intereses” coa que se persegue, mediante a formación, garantir a legalidade dos procesos electorais de cara ó 22 de marzo. O persoal dos Concellos asume as funcións de delegados das Xuntas Electorais de Zona, converténdose en parte responsable no bo funcionamento do proceso electoral. Ademais, para algúns a vindeira cita coas urnas será a primeira nas súas vidas profesionais. A maiores, a modificación da Lei Orgánica de Réxime Local acentúa a necesidade desta formación tanto para os funcionarios como para os alcaldables, que precisan coñecer a xestión das competencias municipais durante o proceso electoral. Deste xeito, a xornada versa sobre os coñecementos e ferramentas necesarias de cara a respostar dúbidas como: poden os gobernos locais facer inauguracións ou presentación de proxectos dende a convocatoria das eleccións ou dende o comezo da campaña?; ata cando e que tipo de publicidade poden facer os grupos políticos?; como poden rexistrarse as candidaturas independentes?; cal é o réxime de incompatibilidades dos alcaldables?; ou como se facilita a consulta do censo electoral por internet?.
Un ponente de prestixio
O organismo provincial contou cun prestixioso ponente para a ocasión. Trátase de Enrique Acubilla, letrado das Cortes Xerais, anteriormente vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, e un dos maiores expertos en dereito electoral do país. Acubilla fixo unha análise xurídica do proceso electoral, dende a convocatoria á constitución das novas corporacións locais. Deste xeito, abordou o Réxime Xurídico da Administración electoral; examinou as fases do procedemento electoral con especial enfoque nas actuacións levadas a cabo polos funcionarios; estableceu as relacións entre as distintas administracións que interveñan no proceso electoral; e avaliou as liñas necesarias para a axeitada constitución das corporacións locais. 





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



