Nota de prensa
NEVES CANDO CONSIDERA QUE A XUNTA TEN QUE ATENDER A DEMANDA DE BURELA, QUE PRECISA DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL E DESPOIS SERÁ CANDO O EQUIPO DE GOBERNO SE POÑA Á SÚA DISPOSICIÓN PARA LEVAR ADIANTE ESE PROXECTO. A EDIL NACIONALISTA TILDA DE INCREIBLES AS DECLARACIÓNS EFECTUADAS POLO PP SOBRE ESTE ASUNTO.
Burela, 31 de marzo de 2011. A tenente de alcalde, Neves Cando, tilda de increíbles as declaracións efectuadas nos últimos días desde o PP sobre algúns dos asuntos que irán ao pleno desta tarde. A edil nacionalista considera que a Xunta ten que atender a demanda de Burela, que precisa dunha nova escola infantil, e será despois cando o equipo de goberno se poña á súa disposición para levar adiante ese proxecto.
Neves Cando manifestou que “é increíble o que escoitamos e lemos estes días nos medios de comunicación sobre os asuntos que aprobaremos hoxe no pleno de Burela e a postura que sobre éstes ten o PP. Ou ben demostra a escasa memoria que sobre estes temas ten o PP ou o nerviosismo pola descomposición interna que está a sofrir este partido no noso pobo”.
A tamén concelleira de Benestar Social explicou que “refírome a dous asuntos, por un lado á solicitude reiterada unha vez máis da necesidade dunha nova escola infantil aquí en Burela. Esta solicitude xa a fixemos en decembro de 2009 e reiterámolo en xuño de 2010, por certo nesta ocasión o PP vou a favor dunha petición que foi unánime e agora ante esta nova demanda nosa atopámonos con que o PP non pon máis que pegas, que si hai que ter un proxecto, que si hai que ter un solar, que si hai que facer un estudo demográfico de Burela…”. Neves Cando dilles “aos señores do PP que os datos aí están de solicitudes de prazas para a nosa escola infantil e os nenos e nenas que non teñen praza, 31 en concreto en decembro do ano pasado. E é ista unha situación que se ven incrementando desde 2008 e que empeza a ser preocupante a finais de 2009 e é a Xunta do PP a que ten que dar resposta a esta necesidade. Necesitamos unha nova escola infantil en Burela e a Xunta ten que atender esta demanda nosa e o PP ten que deixar de marear a perdiz, ou está de acordo ou non porque en xuño de 2010 estaba de acordo e agora non pon máis que problemas. Que a Xunta nos diga que sí e nós poñerémonos á súa disposición para levar a cabo este proxecto”.
Para a tenente de alcalde “o segundo asunto no que demostra o PP a confusión na que está inmerso o PP é a ocorrencia que tivo agora de solicitar unha ordenanza municipal sobre accesibilidade facéndose eco –din- das demandas dos colectivos con problemas de mobilidade, cos que por certo nos reunimos no Concello periódicamente”.
Neves Cando subliñou que “eu só lles quería lembrar aos veciños e veciñas de Burela que o PP gobernou durante 15 anos este concello e foi incapaz de dotar ás instalacións da biblioteca municipal e da Casa da Cultura de medidas axeitadas que permitisen o acceso a este recinto de persoas, por exemplo, con cadeiras de rodas e fomos nós cando no 2009 dotamos á biblioteca e á Casa da Cultura destas medidas axeitadas para acceder a ditas instalacións, elevadores para a biblioteca e a primeira pranta da Casa da Cultura e unha nova rampa de acceso, cumprindo coa normativa”. E engadiu “pero aínda máis, acabamos de facer un investimento de 100.000 euros co plan E do ano pasado para a eliminación de barreiras arquitectónicas na maioría das beirarrúas de Burela, porque o PP só tiña feito sobre isto foron catro rebaixes de aceras e nada máis e agora van de abandeirados da accesibilidade. A verdade é que é de risa, pero os veciños e veciñas de Burela danse de conta de todo isto e xa non lle dan ningunha credibilidade ao PP nin ao seu portavoz e candidato á alcaldía que, por certo, estes días bastante traballo ten con que non se lle desfaga o seu rebaño”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



