Días pasados, nestas mesmas páxinas, o presidente de Aturmar (Asociación de Turismo Rural da Mariña) laiábase de que á xuntanza convocada pola mesma, a fin de analizar a problemática do sector, que obviamente atinxe, en maior ou menor grado ó desenvolvemento e, polo tanto, á economía da comarca, acudiran poucos alcaldes. . O feito que para o señor presidente puido ser unha solpresa decepcionante, a nós o que nos dí é que o dirixente do colectivo convocante, a quen non temos a honra de coñecer, é novo na tribo. E decimos isto porque, de non ser así, tería que saber que esa é a actitude dos mandatarios municipais, dende tempos moi afastados. Nalgunha ocasión temos contado cómo por novembro de 1968 (hai mais de 40 anos) o concello do Vicedo, no nome dos alcaldes do litoral, interesaba a constitución dun órgano para o fomento do turismo, que o formarían: Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo. Aceptouse a creación da que sería “Mancomunidad Turística de la Costa lucense”, nomeando presidente o alcalde focego, Pepe Beltrán. Este cronista, entón corresponsal de prensa, asistía ás reunións que a mesma celebraba e lembra cómo, igoal que agora, era imposible lograr que os membros asistisen na súa totalidade, ou a maioría; cómo, salvada algunha excepción, carecían de ideas e, sobre todo, cómo afloraban a cotío as actitudes localistas e irracionais, en contra do talante obxetivo, tolerante e solidario indispensable para que iniciativas deste tipo, fructifiquen. E nesas estamos. Hai que decir que, a diferencia de hoxe, os concellos vivían unha auténtica penuria económica, con presupostos irrisorios, carentes de ingresos e sen o auxilio de órganos supra-municipais que subvencionaran actuacións deste tipo… e que tampouco os gobernantes – alcaldes, concelleiros e demais – percibian as sustanciosas retribucións actuais. O slogan “La Costa de las mil playas”, que daquela acuñaran, apenas chegou a coñecerse, igoal que ocorre na actualidade con “Máxica por Natureza” que só sabemos del se pola estrada adiantamos un autocar de Morán de Mondoñedo…
É evidente que os políticos mariñaos pasan olímpicamente do turismo e o seu labor de
promoción só ten un fin: servirse del para facerse ver de vez en cando con decraracións
demagóxicas, que nunca compren, e saír nos xornais; ó mesmo que acuden a Fitur. O
deles é a loita persoal e partidista á captura dos votos que permitan, a uns, permañecer
na poltrona, e a outros chegar a ela. É posible que existan excepcións: nós non as
coñecemos. Daí que tampouco sintan interese pola acción conxunta: cada quen, por
lei, ten delimitado o seu territorio electoral; ¿para qué, pois, alianzas con ninguén?
Que os alcaldes, en medio século non evolucionaran ren, e que as formas de pensar e de actuar segan a ser as mesmas, resulta decepcionante, porque estancamento de tal magnitude constitue todo un retroceso con respecto á evolución da sociedade que dende aqueles anos 50 vivíu transformacións tan trascendentais como pasar da dictadura á democracia ou asistir ó desenvolvemento económico, social, cultural e tecnolóxico que en maior ou menor medida afecta a tódolos cidadáns. Pero os políticos néganse a subirse ó carro da modernidade e a abrir as súas mentes a unha forma nova de facer política, acorde coa mentalidade de apertura ós novos tempos, na que prevaleza o encontro entre as pesoas, o diálogo, os plantexamentos honestos e intelixentes, o respecto mútuo e a solidaridade. Nalgunha ocasión temos escrito que se impón o cambeo de “chip” nos dirixentes sociais e políticos; de non facelo así, marcharemos unha vez mais contra corrente. Sr. Presidente de Aturmar: ogallá nos equivoquemos, pero a experiencia acumulada dinos que debe vostede armarse de paciencia.
Suso Fernández




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



