Nota de prensa
LLANO CONFIRMOU QUE XA REMATARON AS OBRAS DE ARRANXO DO PASEO DO CANTIÑO, QUE RESULTOU DANADO POLOS TEMPORAIS DO ANO PASADO. O ALCALDE QUERE QUE PASEOS E PRAIAS ESTEAN LISTOS PARA A SEMANA SANTA.
Burela, 18 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirmou que xa remataron as obras de arranxo do paseo do Cantiño, que resultou danado polos temporais do ano pasado. O rexedor quere que os paseos e as praias estean listos para uso e disfrute de veciños e visitantes na vindeira semana santa.
Llano dixo que “é unha constante preocupación no Concello de Burela ter todo preparado para a vindeira semana santa, queremos ter todo listo por si ven bó tempo para favorecer que a xente se achegue aos nosos areais e poida disfrutar deles. Desde o Concello traballamos conxuntamente con Costas para rematar o antes posible todo o que quedou afectado polas riadas do ano pasado, e incluso por esa oleaxe impresionante que houbo en novembro e que levou por diante bastantes tramos do paseo marítimo desde Burela ata A Marosa e tamén na zona do Cantiño”.
Sobre O Cantiño, o alcalde de Burela explicou que “na baixada de acceso á praia producíuse un derrube total do muro, que facilitaba a chegada das persoas a ese areal. Agora xa está completamente arranxado, construíuse un novo muro con barandillas para permitir que a xente que baixe a esa praia o faga con total seguridade”.
Alfredo Llano engadiu que “no resto do paseo entre Burela e A Marosa hai algunhas pedras que desapareceron, pero xa foron encargadas e vánse colocar o antes posible para devolver este paseo ao seu estado inicial. Na Marosa están culminando as obras de acceso, para que en semana santa poida estar tamén lista esa praia”.