Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ LÉMBRALLE AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O ESTADO LAMENTABLE NO QUE SE ATOPAN AS PISTAS DA SÚA TITULARIDADE. O REXEDOR ALÉGRASE DE QUE SE ACOMETAN OBRAS, PERO LAMENTA QUE ALGUNHAS CHEGUEN A DOUS MESES DAS ELECCIÓNS A PESARES DE QUE ERAN DEMANDADAS DESDE HAI TEMPO.
Ribadeo, 25 de marzo de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, lémbralle ao presidente da Deputación o estado lamentable no que se atopan as pistas da súa titularidade. O rexedor alégrase de que se asfalte un treito entre as praias de As Illas e Os Castros, pero lamenta que se faga a dous meses das eleccións municipais.
Suárez Barcia dixo que “os veciños de Ribadeo están asistindo estes días a unha intensidade de actos, de visitas de obras, de visitas institucionais que temos por parte da Deputación Provincial, da Xunta e do goberno do Estado, debe ser porque estes días remata o prazo para poñer primeiras pedras, inauguracións, etc”.
O rexedor sinalou que “hoxe recibimos ao presidente da Xunta, algo que nos alegra moito, que ven inaugurar a nova depuradora de Ribadeo. Xa era hora de que o señor Feijoo viñese por aquí, dado que estamos expectantes sobre o que nos poida dicir deses proxectos tan importantes para os veciños de Ribadeo, coma o centro de alzheimer, que está pendente de licitación, a segunda escola infantil, o saneamento de Dompiñor, que inexplicablemente leva parado dous anos e o albergue de peregrinos da rúa Trinidade”.
Para Fernando Suárez “quen bate récords de asistencia a Ribadeo nestes últimos días é o presidente da Deputación, o señor Besteiro, ao que imos ter que declarar fillo adoptivo. Alégrome de que hoxe veña dar comezo a esa obra que me prometeu hai un ano para aglomerar un treito do vial que une As Illas e Os Castros, pero lamento que teña que facelo a dous meses dunhas eleccións”. O alcalde de Ribadeo engadiu que “como isto non resolve todos os problemas que a Deputación ten con Ribadeo, debo lembrarlle en público o que hai uns días lle dixen por escrito en privado, o estado lamentable no que se están as pistas da Deputación, non só na que se vai traballar agora nin nunha en Vilaselán que se vai aglomerar para a vindeira semana, senón tamén na Devesa, en Porto, en Vilaosende, en Santalla, en Couxela e en Covelas. Eu son o alcalde de todos e non quero veciños de primeira e de segunda en Ribadeo e a Deputación non debe vir soamente a inaugurar un tramiño duns metros de aglomerado asfáltico, senón que ten que repasar todas e cada unha das pistas da Deputación, que están nun estado lamentable tanto nas parroquias do interior como nas da costa. En todo caso que sexan benvidos a Ribadeo, coma sempre”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



