“O Bng de Alfoz denuncia que o alcalde continua sen darlles unha solución aos rapaces do concello que precisan autobús para acudir o instituto”
Os rapaces veciños de Alfoz e tamén do veciño concello de O Valadouro que cursan estudos posteriores a educación secundaria obligatoria, bacharelato ou formación profesional en Burela, atopábanse sin servizo de autobús que lles permitira acudir con normalidade os seus centros de estudos.
Tras a denuncia da tan grave situación por parte do Bng de Alfoz en setembro, reclamandolle as instancias competentes a solución do problema, os afectados reuníronse co alcalde que se comprometera a dar unha solución, dala directamente dende o concello ou ben conseguirllela dende a Xunta de Galicia, gobernada tamén polo pp.
“E lamentable que dende o concello se acorden da xuventude a 2 meses das eleccións para facer festas con fins electorais e non tomen medidas nin aporten recursos nin solucións para que os rapaces poidan acudir os seus centros de estudos con normalidade”
” Dende a alcaldía amósase moita palabrería pero os feitos billan pola súa ausencia”
Entre Alfoz e Valadouro suman un total de 31 alumnos que cursan estudos nos centros de Burela, 22 no Monte Castelo e 9 no Perdouro, dos cales 14 son os que están a sufrir as consecuencias da carencias no servizo de autobús xa que o resto usaban medios alternativos para o seus desprazamentos a Burela.
A día de hoxe e a falta de que nin dende o concello nin dende a Xunta se tomaran cartas no asunto para darlle unha solución, os afectados vironse obrigados a contratar directamente un autobús para que os seu fillos poidan cursar os seus estudos.
O resultado e que cada afectado ten que pagar 140 euros por persoa e mes para que os seus fillos poidan acudir a cursar o bacharelato.
E lamentable que teñan que asumir integramente tan alto gasto as familias, simplemente para o desprazamento dos rapaces o centro de estudos, unha familia de teña 2 rapaces terá que pagar 300 euros mensuais so en desprazamento, algo inasumible en moitos casos, e que pode chegar a impedir que un rapaz poida ter aceso os estudos de bacharelato, en pleno ano 2011.
“É lamentable que a día de hoxe os rapaces de Alfoz e Valadouro vexan comprometida a súa asistencia para cursar os seu estudos de bacharelato ou formación profesional con normalidade por non poder garantir o custe do servizo de bus que teñen que asumir integramente a tan alto custe os pais dos rapaces e sobre todo tendo en conta a cercanía entre as poblacións de Alfoz e Burela”
“Igual de grave e que o alcalde de Alfoz non lle dera solución o problema dende setembro””que vexan os veciños para que nos vale ter este alcalde, como el os seus problemas tenos solucionados parece ser que os dos veciños non lle importan”
“temos un alcalde que a todo responde que non hai cartos, pero logo parece ser que para o seu sueldo ou algunha cousa máis que a el lle interesa si os hai, como por exemplo festas con fins electorais”
Para os concellos de Alfoz e o Valadouro e un problema que ven sendo prolongado no tempo, pero dado que o bacharelato ou ben os ciclos formativos son de tan só dous anos, fai que a meirande parte dos pais dos alumnos afectados opten por tomar medidas alternativas e máis simples en lugar de movilizarse ante as institucións correspondentes para que tomen medidas e solucionen tan graves prexuizos para os veciños de Alfoz.
Dende o BNG de Alfoz consideramos a solución do problema que nos atende algo totalmente primordial, xa que estamos a falar da educación, un problema que impide que os rapaces poidan recibir unha correcta educación tal e como teñen dereito.
En caso de non atopar outra solución instamos novamente os concellos de Alfoz e Valadouro a que cofinancien o servizo para solucionar tan prexudicial agravio que están a sufrir as persoas afectadas do noso concello.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



