NOTA DE PRENSA .
O PP anuncia que a Xunta comenzou as obras de reparación dos danos das choivas de xuño.
* González Barcia afirma que “a Xunta dixo en marzo, e en marzo se están facendo as obras”.
* O candidato popular asegura que “sobre os camiños pasou a Deputación, non fixo nada, pero Besteiro e o alcalde tiveron foto”.
Burela, 14 de marzo de 2011.- O PP burelés, a través do seu candidato e portavoz municipal, José María González Barcia, anunciou que hoxe, luns, veñen de comenzar as obras que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, vai realizar no termo municipal burelés a causa das choivas producidas no pasado mes de xuño. Barcia aseverou que “tal e como se dixo, as actuacións da Xunta se ían facer en marzo, e en marzo se están facendo”.
Barcia afirmou que as obras comprenden actuacións en seis camiños da zona de monte do concello e unha actuación no Camiño da Folgueirosa, xa na zona urbana, no que hai que realizar un muro de escollera para evitar futuros desprendementos.
O candidato popular indicou tamén que nos camiños que vai reparar a Xunta de Galicia xa tiña actuado a Deputación Provincial no seu día, pero, segundo Barcia, “non deberon esmerarse demasiado, porque o propio concello remitiu un oficio á Xunta pedindo que se acondicionaran eses camiños. Semella que as choivas solo foron utilizadas por Besteiro e o alcalde para sacarse a foto”.
O candidato dos populares non se atreve a dar prazos para o remate das obras, pero agarda que “se non hai imprevistos, pode que a principios de abril estean todas rematadas”.
Para González Barcia, “esta actuación significa que a Xunta cumple o que di: díxose que estas actuacións se ían facer, e que se ían facer en marzo, e eso díxose desde o primeiro momento. Outros aventuran prazos que non cumplen, primeiro para o mes que vén, logo en setembro, despois non se sabe cando, e eso é o que os cidadáns non queren oir. Os cidadáns queren que cando algo se di, ese algo sexa así, e nese sentido non se lle pode poñer ningún reproche á Xunta de Galicia”.
Barcia indicou que lle comunicou á Comunidade de Montes e ó Vencello o inicio das obras.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



