Nota de prensa
O POPULAR FOCENSE JAVIER CASTIÑEIRA, PRESENTA A CAMPAÑA “UN PASO A DIANTE” ONDE PRETENDEN CHEGAR A TODOS OS FOGARES DA LOCALIDADE.
Foz, 17/03/11.- Segundo presentou o popular focense Javier Castiñeira e parte do seu equipo, escomenzarán hoxe mesmo a repartir o un folleto, có lema UN PASO ADIANTE, por todas as casas do concello, dando a coñecer a idea de goberno que propoñen man a man cos cidadáns e escoitando as súa propostas.
O candidato explicou que o lema de “UN PASO A DIANTE” e completamente ilustrativo do novo proxecto que o Partido Popular de Foz quixo implantar nas súas filas, unha vez se formou a xestora e se decidiu formar a candidatura aló polo mes de xaneiro do 2010. Nese momento deuse un paso adiante, firme e seguro que desencadeou que hoxe teñamos unha lista de 16 persoas involucradas co mesmo proxecto, e coa mesma idea, dar un paso adiante da súa vida, cargado de responsabilidade e esforzo persoal e familiar para ofrecerlle a pobo unha alternativa diferente ao que nos acostumaron Rivera e Cancio en 16 anos de goberno Socialista.
Castiñeira pide aos veciños nesta campaña de acercamento, reciprocidade, e que o pobo de Foz volva a dar outro paso adiante e completar o camiño que iniciou nas pasadas eleccións municipais onde se avanzou un gran paso levando ao Sr Feijoo ao goberno galego con unha maioría absoluta aplastante na nosa localidade.
Seguen Explicando que so hai unha alternativa de cambio e esa é o partido popular de Foz, o demáis é pura repetición de gobernos e gobernantes afincados a un sillón que non souberon compartir, querendo convertir as eleccións municipais nunhas primarias de poder que os cidadáns non poden admitir.
Ofrecemos, un estilo diferente de goberno colectivo, responsable, austero, creativo, e moito máis participativo e dinámico do que ofreceron Rivera e Cancio nestes 16 anos, un goberno moderado nas formas e estricto na xestión, do mesmo xeito que o actual goberno da Xunta de Galicia, por iso invitamos a todos os focenses a SUBIRSE AO TREN GALEGO.
Por outro lado a presenza de varios integrantes da candidatura na roda de prensa, como Anxel Paleo, Balbino López, Merchi González, e Simón Insua, máis os membros do grupo municipal que repiten todos, deu a entender que o equipo xa está totalmente definido e empezou a traballar na elaboración do programa, concretando tamén que o día 2 de Abril se presentará a Candidatura cun acto as 8 da tarde na casa da cultura de Foz, e posteriormente unha Cea baile no restaurante Leyton con todos os afiliados, simpatizantes e demais persoas que queiran dar UN PASO ADIANTE e se vexan identificados con este novo proxecto Popular.
Por Outro lado Castiñeira quixo responder á acusación do Psoe local cando afirmaban que o Partido Popular non reclama á Xunta axilidade nas obras de igual forma a Fomento, cando é evidente o compromiso de uns e o “escaqueo” doutros, posto que para este ano Fomento dotou para o seu tramo de Corredor 134.200 € para estudos informativos, cero de obra e as alegacións sen resolver e a Xunta de Galicia 10.500.000 € para o tramo mariñán con varias fases en construción, e dicir inviste 100 veces máis Feijoo no corredor que o seu amigo Pepe Blanco, que veu a Foz a “Plantar Pexegueiros”, e os socialistas teñen a pouca ética de chamarlle a atención a quen cumpre cos galegos, “así lles vai”.
Anunciou ademais un acto este venres 18, no centro cívico de Cangas, sobre a situación do Sector Forestal focense, un coloquio no que participarán os máximos responsables na materia da Delegación territorial de Lugo da Xunta de Galicia, á que foron convocados propietarios, produtores, asociacións e comunidades de montes afincados na localidade, mais todas aquelas persoas que desexen acudir posto que é aberto ao público.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



