Nota de prensa:
O Partido Popular cree posible e necesaria a rexeneración económica do país a través dos concellos
* Durante a celebración da quinta convención provincial que congregou hoxe en A Fonsagrada a máis de 150 participantes, os populares consideraron primordial trasladar á cidadanía que hai outras maneiras de gobernar
* Poñer en práctica ese necesario proceso de rexeneración pasa por asegurar a existencia de gobernos fortes e estables en cada un dos concellos da provincia, concentrados e adicados en exclusiva a garantir a mellor calidade de vida posible ós veciños ós que representan
* Tamén pasa por evitar a creación de gobernos bipartitos, como o existente na Deputación e en varios concellos da provincia que, ademais de supoñer un sustancial coste engadido, gastan máis en si mesmo que nos cidadáns ós que teñen o deber de servir
* Transmitir confianza e capacidade de resolución, e sobre todo actuar con honestidade, constitúen os rasgos básicos que deben definir ós candidatos populares a ocupar as alcaldías o vindeiro 22 de maio
Lugo, a 20 de marzo de 2011.- Os Concellos, como administración máis próxima ó cidadán, son os primeiros en detectar os problemas que lles afectan e tamén os primeiros ós que se dirixen os veciños en busca de solucións ante calquer eventualidade. Esa situación, e a vocación e obriga das administración locais de ofrecer a mellor atención posible ós veciños os que representan, foi un dos aspectos analizados pormenorizadamente hoxe en A Fonsagrada polo Partido Popular de Lugo durante a súa quinta convención.
Uns 150 representantes da formación política, entre os que se atopaban a meirande parte dos cabezas de lista ás vindeiras eleccións municipais dos 67 municipios da provincia, adicaron boa parte desta xornada de reflexión e traballo a considerar as posibilidades que teñen para respostar axeitadamente ós requerimentos que lles fagan os vecinos de cara á celebración das vindeiras eleccións municipais. E un dos principais escollos co que se atoparon á hora de establecer unha liña de actuación conxunta a este respecto foi a limitación orzamentaria que sempre teñen os concellos e que, nun momento de crise económica coma a actual, vese sustancialmente agravada.
En calquera caso, os populares sosteñen que aplicando rigor, sentido común e sobre todo austeridade á xestión municipal, trocar a situación actual é posible. É posible mellorar o funcionamento interno dos concellos e a atención que se presta ós vecinos, segundo aseguraron, con só seguir o modelo que se está a aplicar na Xunta dende a chegada ó goberno de Feijoo e o seu equipo.
CONFIANZA, RESOLUCIÓN E HONESTIDADE
As vindeiras eleccións locais, segundo recalcaron, serán decisivas e non únicamente para os concellos, tamén para o conxunto do país. Neste senso, amosáronse convencidos de que, dadas as circunstancias, resulta inaprazable establecer un cambio de rumbo que permita devolver ós cidadáns a confianza nas institucións e na súa capacidade para artellar, tamén dende os concellos, os mecanismo que fagan posible a tan ansiada recuperación económica. Unha recuperación que pasa, indiscutiblemente, porque todos, cidadáns, representantes políticos e institucións, traballen na mesma dirección, de xeito coordinado e complementario. Entenden asimesmo que as eleccións de maio deben aproveitarse para censurar a política económica desenvolvida polo goberno central, cuxas consecuencias están a pagar todos os cidadáns, incluídos lóxicamente tamén os da provincia de Lugo. Neste senso, recalcan que apoiar ós socialistas e ós nacionaistas o vindeiro mes de maio leva implícito avalar a acción de goberno realizada por Rodríguez Zapatero.
Os populares entenden tamén que unha condición indespensable para poñer en práctica ese proceso de rexeneración pasa por asegurar a existencia de gobernos fortes e estables en cada un dos concellos da provincia. Gobernos que estén centrados e adicados en exclusiva a resolver os problemas dos cidadáns ós que representan, e fondamente comprometidos en habilitar os cauces precisos para asegurarlles un futuro mellor.
A este respecto, dende o PP fixeron fincapé na necesidade de rebaixar o custe de mantemento dos gobernos locais, sobre todo aqueles que por estar integrados por varios partidos, como é o caso dalgúns concellos e da mesma Deputación, consumen unha importante porcentaxe orzamental en si mesmo, en detrimento do conxunto da cidadanía. Os populares consideran que os lucenses non deben pagar ese sobrecusto que os gobernos de coalición levan aparellado.
Durante a quinta convención do Partido Popular de Lugo, que se encargou de inaugurar o presidente provincial José Manuel Barreiro, acompañado, na súa calidade de anfitrión, polo voceiro municipal e candidato á Alcaldía de A Fonsagrada Tobías Martínez, e na que, entre outros, participou coma ponente o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda, o futuro dos concellos, por tanto, constituiu o eixo fundamental sobre o que xirou a minuciosa análise realizada.
MARCAR DIFERENCIAS
Neste contexto, os representantes populares teñen claro que deben marcar diferencias co resto das formacións políticas que concurrirán ós comicios do vindeiro 22 de maio. E esas diferencias deben pasar, segundo concluíron, por marcar un notorio distanciamento coa acción de goberno e coa maneira de entender a práctica política deses partidos, poñendo especial énfase en socialistas e nacionalistas. O concepto a aplicar é sinxelo e inequívoco: non todos os políticos son iguais e unha maneira distinta de gobernar é posible.
Dirixirse á cidadanía con honestidade e coa verdade por diante é un dos puntos de partida básicos. O recoñecemento e aceptación da realidade que nos toca vivir, cunha alta taxa de desemprego, unha suba xeralizada de impostos, un recorte sin precedentes dos dereitos sociais e unhas perpectivas de futuro incertas, conforma unha das premisas a asumir e á que hai que dar resposta e, sobre todo, solución.

















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



