Na biblioteca do IES Perdouro, celebróuse un obradoiro de guión impartido polo prestixioso e recoñecido guionista galego de BD KIKE BENLLOCH. A este obradoiro teórico-prático, asistiron trinta alumnos e profesores no que aprenderon os primeiros pasos para a creación dun cómic. Sendo o guión o elemento estrutural básico para crear historias e despois debuxalas, os participantes confeccionaron traballos que formarán parte dun blog creado polo artista KIKE BENLLOCH para dar a coñecer e publicitar o traballo que se está a realizar no IES PERDOURO.
Obradoiro de banda deseñada no IES Perdouro
Obradoiro de banda deseñada no IES Perdouro
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162