Nota de prensa:
Naide pode decir que non vivamos nunca terra donde se rinde en exceso culto aos mortos, o simple feito de morrer xa é suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e a sal se poñan ipso facto a votar salvas e banaglorias do finado. De vivo nada de nada de morto a gloria e a posteridade, o exemplo mais fragante té molo co dia das letras galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto, pois hasta dez anos despois de finalo, cando os vermes deron boa conta das suas carnes non se lle pode adicar o día das letras galegas.
Os tempos tan cambiando que decia o Dylan e e hora que nesta terra se empece a falar ben dos vivos mentres esteñan vivos, desa forma daráselles un pulo para que sigan a facer cousas pola súa terra, despois de morto non fai falla,de vivo e cando se pode axudar.
Por eso Os Aventados queremos instaurar, ademais da república, uns premios anuales co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran pola sua lavor social, politica, artistica, deportiva, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Tamén. Ao mesmo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO adicados a aquelas persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran ao cabo do ano pola sua nefasta xestion no ambito social, politico, artistico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios serán en émbolos casos unhas esculturiñas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levaran consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa.
Os premios serán de carácter anual, e para atorgalos tódolos socios de OS AVENTADOS poderán propoñer as persoas que creen merecentes dos mesmos, con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escollerá aos galardonados de ámbalas categorías.
O galardón serán entregado nunha comiola onde serán convidados os premiados.
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDAD A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O EIXO” A:
Carlos Nuevo Cal
Cronista Oficial de Viveiro, Profesor e Historiador
POLA SUA LABOR CULTURAL,
Por achegar as xeneracións futuras a realidade historica da nosa bisbarra, para que non se cometa o herro de que olvidamos o noso pasado e voltemos a caer en vellos herrores.
E POR SER UN GALEGO BO E XENEROSO E ACORDOU POR UNANIMIDAD A CONCERSION DO PREMIO “ARDELLE O CARRO” A:
CRISE
Auténtica epidemia social, e a os agoreiros e eternos pesimistas que pregoan dia si e dia tamen en contra dunha saida da mesma, moitas das veces levando o carro a donde lles beneficia e de paso traéndonos a mal vivir e fastidiándonos a alegria de vivir.
ESTE ANO ADEMAIS INSTITUIMOS UNS NOVOS PREMIOS
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDAD A CONCESIÓN DO PREMIO “A TODA UNHA VIDA”
A
MODESTO RIVERA FRANCO
Sanciprianes de pro, a pesares de que nacer ana Porta da Vila de Viveiro, namorado desta terra e do seu mar,
Doutor en Dereito e membro da Academia de Xurisprudencia e Lexislación Galega. Procurador en Cortes, representante do sector pesqueiro, tivo a responsabilidade de xestionar a Secretaría de Pesca e Mariña Mercante da Unión Nacional de Cooperativas do Mar. Negociador decisivo dos tratados pesqueiros con Marrocos, desempeñou a Xefatura de Servizo de Estudos Económicos e Comerciais da Subsecretaría de Pesca e Mariña Mercante e a Subdirección Xeral de Economía e Planificación Pesqueira. Foi inspector xeral de Ensinanzas Náutico-Pesqueiras, asesor executivo do Ministerio MAPA, coordinador parlamentario, é autor de varias publicacións especializadas.
Foi ademais un home honrrado, pois foi o primeiro que soupo de a instalacion de Alumina- Aluminio nestas terras e non se beneficiou delo, outros mercarian apresa terras e moreas para especular, axudou a que se creara boa parte da frota pesqueira de Burela, a instalacion de piscifastorias na bisbarra, e foi sobre todo unha persoa boa e xenerosa.
Por elo e un pouco tarde lle concedemos esta distinción.
SAN CIBRAO, PRIMAVEIRA DO 2006
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “AVENTADOS A O MECENAZGO
A FUNDACION ALCOA
Pola sua axuda desinteresada a multitude de actividades culturais, sociais , deportivas, educativas, etnográficas ecolóxicas que por medio de os seus traballadores esta a patrocinar na COMARCA DA MARIÑA.
E raro, sobre todo nos tempos que corren que unha empresa radicada na nosa comarca destine unha parte dos seu presuposto a espallar a cultura e a solidaridade pola bisbarra.
Por eso OS AVENTADOS queremos atorgarlle esta primeira edicion deste premio e apoiar para que siga obrando de tal xeito.
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDAD A CONCESIÓN DO PREMIOS “A” AVENTADOS DE CALIDADE A OS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA
“O ALMACEN DE CERVO”
“O ASADOR DE VIVEIRO”
E
“A CONFRARIA DE RINLO”
Estes premios créanse coa intención de distinguir a distintos empresarios do sector na Mariña polos seus esforzos na potenciación da cociña galega no ámbito da Mariña.
E próximas edicions atorgaremos os PREMIOS “A” AVENTADOS DE CALIDADE a outras empresas e iniciativas que merezan tal distinción.
Os premios entregaranse en unha comida e consistirán nun diploma, unha medalla e unha escultura de Otero Regal.
No caso dos PREMIOS “A” AVENTADOS DE CALIDADE entregaráselles unha placa para poñer a entrada do establecemento.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



