Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE ENTREGOU OS DIPLOMAS DO CURSO DE CONDUCCIÓN EFICIENTE QUE SE CELEBROU EN FEBREIRO EN BURELA.
Burela, 6 de abril de 2011. A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela entregou esta mañá os diplomas do curso de conducción eficiente que se celebrou o pasado 24 de febreiro no término municipal.
Segundo explicou a edil Lucía Bouza, “este curso, que se realiza en colaboración coa Fundación Sotavento Galicia é xa un clásico no noso Concello e aínda segue a contar con numerosos adeptos debido ao eficaz que resulta para que aprendamos a conducir dun xeito moito máis racional, é dicir, máis económico e máis eficiente”.
A concelleira socialista manifestou que “seguindo as directrices deste curso, podemos conseguir un novo estilo de conducción obtendo unha diminución media no consumo de combustible de ata o 15 %. Deste xeito tamén podemos mellorar a seguridade ao volante. E a todo isto hai que sumarlle os enormes beneficios medioambientais que pode supoñer realizar unha conducción eficiente”. Bouza deu os parabéns a todas as persoas que obtiveron o diploma.