Nota de prensa:
A Deputación informará o martes das axudas que concede Industria ás empresas para impulsar as TIC
– Trátase das subvencións e préstamos contemplados no Plan Avanza 2, dotado con 682 millóns de euros e do que se poden beneficiar organizacións empresariais e sociedades sen ánimo de lucro
– A sesión informativa terá lugar ás 20:00 horas no Centro de Innovación Social In Lugo e os interesados poden inscribirse enviando un correo electrónico a inlugo@deputacionlugo.org ou ben chamando ó 982.22.51.86
A Deputación, a través do Centro de Innovación Social In Lugo e o centro de asesoramento empresarial Innova Empresa, convocou para o próximo martes, 12 de abril, unha xornada informativa sobre as axudas que concede o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través do Plan Avanza 2, encamiñadas a impulsalas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A consignación orzamentaria deste programa do Goberno Central supera os 682 millóns de euros e del pódense beneficiar, entre outros, empresas, agrupacións empresariais e entidades sen ánimo de lucro.
A cita terá lugar ás 20:00 horas, na sede de In Lugo, emprazada na Rúa Frei Rei Lemos s/n, en fronte do Hospital de San José. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico á dirección inlugo@deputacionlugo.org ou ben chamando ó número de teléfono 982.22.51.86, en horario de 9:00 a 21:00, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 10:00 a 14:00.
Coa xornada, o organismo provincial quere que o tecido empresarial e as organizacións sen ánimo de lucro da provincia teñan información detallada sobre unhas axudas que lles poden resultar moi beneficiosas e útiles para incrementar, a través das novas tecnoloxías, a súa competitividade e produtividade, recortar custes e poñer en marcha novas ideas empresariais.
O Ministerio de Industria pretende con este plan contribuir a un cambio de modelo económico en España por medio das TIC. A través del concederá subvencións e/ou préstamos (a un interese do 1,19%) para desenvolver proxectos cos seguintes obxectivos: incrementar o uso avanzado de servizos dixitais, desenrolar as capacidades tecnolóxicas do sector TIC, promover a incorporación das tecnoloxías da información nas empresas, fortalecer o sector de contidos dixitais e desenvolver as TIC verdes.
A maior parte do orzamento da convocatoria de axudas, publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 30 de marzo, está destinado a programas nos que teñen un papel protagonista as Pemes, un 150% máis ca en 2010.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



