Nota de prensa
Publicados os resultados da 1º proba de selección das bolsas de emprego no sector da innovación
– Trátase da avaliación do expediente académico, a experiencia profesional, e a memoria do proxecto a desenvolver dos 129 lucenses titulados en paro participantes neste proceso
– O vindeiro luns, 25 de abril, comezarán na sede do “In Lugo” as entrevistas persoais, última fase previa á resolución das 30 becas remuneradas con 800 euros mensuais
– Os beneficiados traballarán durante 6 meses desenvolvendo proxectos tecnolóxicos que obterán, sen custe algún, empresas sen ánimo de lucro
A Deputación publicou este mércores, tanto no taboleiro de anuncios, como na páxina web www.deputacionlugo.org, os resultados da primeira proba de selección das bolsas de emprego no sector da innovación. Trátase da avaliación do expediente académico, a experiencia profesional, e a memoria do proxecto a desenvolver dos solicitantes. Son 120 lucenses actualmente en paro, licenciados, diplomados ou con formación profesional –FP-. Esta primeira fase puntúa como máximo 7 puntos.
Nos mesmos espazos, o organismo provincial avanza ademais, a data de celebración da última proba. Trátase das entrevistas persoais, que contarán como moito 3 puntos. Terán lugar na sede do “In Lugo”, que se sitúa na rúa Frei Plácido Lemos da capital, a partires das 16:00 horas do vindeiro luns, 25 de abril. Unha vez rematada esta fase, a Deputación resolverá as 30 becas remuneradas con 800 euros mensuais, que ofertan 6 meses de emprego en entidades sen ánimo de lucro, as cales desexan desenvolver novos proxectos tecnolóxicos para potenciar a súa actividade.
As primeiras bolsas de emprego no sector da innovación na provincia están impulsadas dende o 1º Centro de Innovación Social de Galicia (In Lugo). É o proxecto da Deputación, cofinanciado polo Ministerio de Industria nun 88,9% mediante o Plan Avanza. Estas becas buscan dar emprego a lucenses que actualmente se atopan en paro, así como ofrecer un servizo, sen custe algún, ós colectivos sen ánimo de lucro que se sumaron á iniciativa da Deputación. Son:
– Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, CETAL: o proxecto a desenvolver neste colectivo consiste na identificación das necesidades tecnolóxicas e de produtos innovadores no sector agroalimentario da provincia, ademais da transferencia desta información ós traballadores neste campo.
– Asociacións de Jóvenes Empresarios –AJE-, de Empresarias de Lugo, e Empresarial de Industria de Transformación del Polígono do CEAO: formación especializada ós empresarios para coñecer as necesidades das entidades en materia de innovación, e facilitar ó cambio de cultura nos procesos empresariais.
-Universidades de Santiago de Compostela. Aula TIC: elaboración dunha guía de boas prácticas no emprego da Administración electrónica dirixida ós cidadáns e as entidades sen ánimo de lucro.
-Universidade da Coruña. CITIC: creación de produtos e servizos informáticos dirixidos á empresa.
As bolsas de emprego no sector da innovación engádense ás becas Lug02 mediante as cales 18 mozos lucenses están xa a traballar en prestixiosas empresas de Hamburgo, Praga, Belfast, Florencia, Viena e Lisboa nas que se empregan innovadoras técnicas medioambientais. Unha vez que rematen o período de formación nestas entidades, os rapaces terán a oportunidade de poñer en práctica o aprendido en empresas lucenses durante 8 meses, nos que percibirán un salario mensual de 1.000 euros. Da mesma forma, tamén se convocaron as primeiras 5 bolsas de artesanía e deseño de Lugo dotadas con 12.000 euros cada unha, que se resolverán nos vindeiros días.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



