Nota de prensa
CÓMODO TRIUNFO DAS LARANXAS ANTE AS OURENSÁS (1-7)
![]()
As pupilas de Javier Pardeiro acadaron esta tarde un cómodo triunfo na complicada pista do Cidade das Burgas (1-7), nunha cita na que as laranxas lles sacaron brillo ás xogadas de estratexia. Con estes tres novos puntos, as mariñás durmirán esta noite na terceira praza (45) acariñando o podio, á espera do resultado de mañá entre o Atlético de Madrid Navalcarnero e Ponte Ourense, en duelo directo.
O dominio do Burela FSF Pescados Rubén fíxose ver dende os primeiros compases. Xa no minuto 2, Lidia foi a encargada de subir primeiro tanto laranxa. O 0-2 tardou máis do esperado, a xulgar pola presión mariñá; foi no 15, dunha falta directa de Lucía. Coas cinco faltas na cuadrícula laranxa, as locais reduciron distancias, dous minutos máis tarde, tras o rexeitamento dun dobre penalti que bateu en Vanessa.
Co reinicio volveron os goles visitantes no derbi galego, co 1-3 de Lucía (minuto 23). Sen dar máis opción, as burelás apropiáronse do encontro sen miramentos a partir do 1-4 (minuto 25), de Claudia, ante un rival con máis vontade e corazón que recursos para xerar perigo. No minuto 30, de novo Lucía e despois Jozi ampliaron a vantaxe ata o 1-6. Lidia, no 33, volveu aparecer para subir o 1-7, resultado definitivo a pesar da tentativa das ourensás por atopar a meta rival coa axuda da porteira xogadora durante os últimos dez minutos.
Ficha Cidade das Burgas-Burela FSF
Partido perteneciente a la 24ª jornada de la temporada 2010/2011.
Cidade das Burgas
9 Victorias | 5 Empates | 10 Derrotas
Puntos acumulados: 32 1
CD Burela FSF
13 Victorias | 6 Empates | 5 Derrotas
Puntos acumulados: 45 7
Cancha de juego: Pavillón Os Remedios
Fecha: Sábado, 2 de Abril de 2011
Cidade das Burgas
4
Natalia Pacios Ferreiro
Nati
8
Lucía Álvarez Fernández
Peke
9
Sonia Pacios Ferreiro
Sonia Pacios
10
Iria Saeta Álvarez
Iria
19
Vanessa Sotelo Quintela
Vane
5
Laura Pérez Tesouro
Laura
7
María Rego Edreira
Figo
18
María Arias Rodríguez
Chispy
CD Burela FSF
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
14
Dolores Sánchez García
Dolo
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
6
Silvia Rubal Casas
Silvia
7
Rosana Carballés Fernández
Ro
9
Lara Balseiro Candia
Lara
11
Milena Gasparini Ribeiro
Milena
12
Dolores Fernández Sotelo
Lola
77
Vanessa Cristina Pereira
Vanessa
Gol 0 – 1 Min. 2 | Lidia
Gol 0 – 2 Min. 15 | Lucía
Gol 1 – 2 Min. 17 | Iria
p.p.
Gol 1 – 3 Min. 24 | Lucía
Gol 1 – 4 Min. 25 | Claudia
Gol 1 – 5 Min. 30 | Lucía
Gol 1 – 6 Min. 30 | Jozi
Gol 1 – 7 Min. 33 | Lidia























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
