Nota de prensa
O Concello de Foz según o seu Alcalde, José Mª García Rivera, e recabando os datos dos servizos técnicos municipais, o Concello de Foz saldou deudas con proveedores que suministraron e fixeron obras para o Concello de Foz, por un valor de 2.190.000,00 €, este diñeiro foi pagado nos meses de Novembro, Decembro, Xaneiro, Febreiro, Marzo e o que vai do mes de Abril.
Como se pode apreciar o Concello de Foz fixo posible que o diñeiro pagado aos proveedores, fora invertido para obras de vital importancia para o municipio de Foz, obras que se resumen da seguinte maneira: abono do resto que quedaba por pagar da nave municipal, instalada no polígono industrial, có último pago as dúas naves construídas, con 1.500 m2. de utilidade, están pagadas, tamén se pagaron os saneamentos integrales do medio rural, das parroquias de Cordido, Sta. Cecilia, Fazouro, Nois, San Martiño e casco urbano e barrios de Foz; tamén se pagaron facturas relacionadas có abastecemento de auga, fundamentalmente ao barrio da Hermida, tamén se pagaron facturas relacionadas cós Centros Sociais do Medio Rural, antigas escolas, gasto xeral de pequeno material da brigada de obras municipal, gasto de maquinaria comprada por este Concello, pala excavadora, tractor desbrozador, barredora industrial de carretera, vehículo da Policía Local; pavillóns deportivos, campos de fútbol, atencións sociais, destacando a inversión realizada nos Colexios Público por parte do Concello, debido a que a Xunta desentendeuse deste menester, etc. etc.etc..
O Concello de Foz foi un dos Concellos da Provincia de Lugo que máis axudou ao consumo e mantivo a inversión nun tono aceptable, dentro do declive xeral de outros concellos, estamos a escoitar continuamente en qué gastamos o diñeiro, creo que está ben claro, é a maiores hai que decir que con ese montante de diñeiro pagado non quedamos sen fondos para seguir mantendo que os nosos traballadores e traballadoras cobren puntualmente e que a maiores nos bancos das prazas aínda quede algún aforro.
A maiores de todo esto o Concello de Foz, según o Alcalde, non cobrou ningún imposto do ano en curso 2011, estando pendente de cobro máis de 3 millóns de euros, que axudarán a pagar as facturas que se xeneren neste propio ano.
O Alcalde ten na súa mente que no Pleno de este mes de Abril facer un balance xeral de cómo se encontra económicamente o Concello de Foz en todos os eidos económicos, deudas pendentes con proveedores, préstamos bancarios e outras operacións, entregando este balance á Corporación Municipal, para que comprobe o bó funcionamente e a boa dirección económica que tivo estes anos de goberno do equipo dirixido polo Alcalde José Mª García Rivera.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



