FERNANDO SUÁREZ DEMANDA UN PLAN DE CONTROL PARA A PRAIA DAS CATEDRAIS, QUE NESTES DÍAS DE SEMANA SANTA RECIBE A MILES DE TURISTAS E ONDE HOXE DÚAS PERSOAS RESULTARON FERIDAS.
Ribadeo, 21 de abril de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, demanda un plan de control e actuación para a praia das Catedrais, que nestes días de semana santa está a recibir a miles de turistas e onde hoxe dúas persoas resultaron feridas. O rexedor critica a falla de implicación da Xunta, da Deputación e do Goberno do Estado cun areal que excede o ámbito estrictamente municipal.
Suárez Barcia sinalou que “con esta chea de visitantes que veñen ao noso concello de Ribadeo, ao nosa vila pero tamén, nun lugar moi destacado, á nosa praia das Catedrais, onde hoxe, en plena baixamar, había milleiros de persoas. Aínda que non estamos na época estival e non temos servizos de socorrismo, porque non están subvencionados por ningunha administración, din orden de que a través de Protección Civil e da Policía Local se faga un seguimento e un control alí, durante estes días, algo que nunca se deu”.
O alcalde puntualizou que “nos últimos anos cada vez é máis o número de visitantes que acuden a esta praia provocando moitas veces unha situación de certo desorden público, porque vemos como milleiros de persoas se agolpan en sitios que moitas veces non están preparados para iso co que se ocasionan verdadeiros perigos, como ocorre cando hai xente na punta do cantil ou encima dos penedos. Hoxe concretamente dúas persoas sufriron roturas de ósos e tiveron que ser evacuadas en ambulancia”. Fernando Suárez dixo que “no que queda de semana santa teremos Policía Local, Protección Civil informando, advertindo, aínda que moitas veces a xente non ten o comportamento mais axeitado dado que non fai caso das recomendacións”.
O rexedor manifestou que “sen culpar a ninguén directamente quero dicir ben alto e ben claro o desamparo, a desatención que sufrimos por parte de todas as administracións para conseguir levar adiante un plan conxunto de atención para un praia que excede o ámbito municipal. Porque isto está sendo como a Catedral de Santiago e incluso ás veces como a Meca, onde milleiros de persoas, ás veces mais controlados e outras menos, se achegan a un punto concreto. Necesitamos uns aparcamentos públicos canto antes, un plan de control, persoal, información turística ao longo de todo ano”.
Suárez Barcia amosóuse “moi decepcionado polas actitudes do presidente da Deputación, do subdelegado do Goberno e do delegado de Costas. En definitiva estou moi decepcionado cos responsables, da Xunta, da Deputacion e do Ministerio, porque sempre teñen moi boas palabras, desde hai tres anos están falando con nós de crear uns aparcamentos públicos, gratuitos e libres, pero nunca acaban facendo nada. Supoño que agora en plena campaña electoral non terán a desvergonza de vir anunciar cousas que non fixeron antes”.
O alcalde de Ribadeo recoñeceu que “a única administración que nos axuda de vez en cando, na época estival, é a Área de Turismo da Deputacion Provincial de Lugo, que nos da diñeiro para poñer unha serie de guías turísticos e informadores. Pero este fenómeno da praia das Catedrais está excedendo a capacidade dun Concello para poder tratalo axeitadamente e que non se cheguen a producir desgracias. É necesario un plan de atención conxunto entre Concello, Deputación, Xunta e Ministerio. Fáise necesitario deseñar estratéxias de actuación porque tal e como vamos quizáis teñamos que chegar a regular o acceso a un areal que non pode soportar a cantidade de vehículos e de persoas que veñen sistemáticamente xa non só no verán, senón ao longo de todo o ano e boa proba son estes días de semana santa”.
Fernando Suárez reiterou que “desde o Concello nestes días de grande afluencia de xente e con recursos exclusivamente municipais, policía local e protección civil, intentaremos dar a maior atención, maior servizo, …. pero teño que facer publica a crítica á Xunta e o Ministerio, sobre todo, por non ter artellado, a pesares de que o dixemos en todos os foros onde temos ocasión, un programa de actuación conxunto para este areal que é ribadense, pero que é o mascarón de proa de todas as praias galegas e das máis recoñecidas a nivel internacional”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



