Xove (M.F.O) .- O C. B. Xove logrou unha inesperada vitoria ante un rival da zoa alta da taboa, e rompeu así a racha de derrotas que sufría. O Noia so aguantou o primeiro cuarto no que tivo maior acerto de cara o aro. Nos segundos dez minutos os visitantes so puideron anotar 9 puntos por 20 dos mariñáns. No segundo periodo
os locais so tiveron que aguantar os arreóns do Noia para levarse o partido.
Polo C. B. Xove xogaron:Álvaro (3), Brais (3), Alberto (10), Juan María (8), Christian – Javi (2), Andrés (13), Adrián (20) e Jhoanny (5).
Pola súa banda o Celtas-Primera Calidad xogara o dia 30 Abríl e o 7 de Maio a cruce contra o equipo que quedou na súa mesma posición da liga sur para facer a clasificación final da liga Autonómica. O equipo e o Asesoria Espiñeira de Santiago que consigueu unha vitoria menos que o Celtas na liga regular
